займ срочно

A Estrada, 20 de setembro do 2018 – Este mércores era inaugurada a 32 edición da Feira do Moble da Estrada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado de distintos alcaldes e deputados provinciais.

Na presentación da Feira do Moble o xerente da Fundación Nemesio Rey falaba da necesidade de que tódalas administracións se impliquen para que o sector retome o pulo despois duns anos tan complicados

Rey Pazos tamén explicaba a necesidade de comunicar o traballo que se fai na Estrada, a importancia de dar a coñecer os fitos que cada ano conseguen as empresas da contorna, e conseguir un selo propio

Pola súa banda o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, falba da importancia do sector, da consolidación da marca e da innovación. Lembraba tamén que en estos 32 anos foron moitas as feiras que quedaron no camiño e polo tanto que a da Estrada sega é unha garantía

A corbata do xerente da Fundación do Moble, Nemesio Rey, feita en madeira, foi unha das atraccións da xornada inaugural

 

Unha edición especial

Nemesio Rey dicíanos hai uns días que esta edición tería que ser un punto de inflexión no traballo da Fundación. Os cambios acometidos no recinto animan a participar e resulta moi acolledor percorrer os distintos pavillóns. Xunto coas últimas tendencias en mobles, sofás ou colchóns veremos tamén moitas ideas en decoración e incluso antigüidades, un sector en constante crecemento.

Seguen existindo un pequeno espazo para eses postos que van desde produtos ou ferramentas de limpeza ata enxoval de cociña ou calefaccións, aínda que están situadas nunha planta inferior co que non hai lugar a confusión entre a Feira propiamente dita e outras cousas.

A formación profesional, como base do futuro do sector, ten o seu espazo no stand do IES Antón Losada Diéguez que mostra ademais unha preciosa táboa de surf como exemplo do seu traballo.

A 32 edición da Feira do Moble é unha boa oportunidade de ver os avances no sector e apoiar coa entrada, 1 euro, a unha das Fundacións máis lonxevas da bisbarra.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”92″ sortorder=”1292,1289,1295,1290,1291,1296,1293,1294″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

 

 

Share.

Comments are closed.