Compostela, 19 de xaneiro do 2018 – A presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, asinou a adhesión da entidade ao proxecto Peregrinos por el Norte, de hotel en hotel, no marco de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se está a celebrar en Madrid.
Peregrino por el norte está desenvolvido por Otea, a Asociación de Hostelería e Turismo de Asturias, que ofrece unha selección de hoteis especializados en peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago. Co proxecto pretenden que o peregrino teña unha referencia de establecementos de aloxamentos que teñen un servizo diferenciado e adaptado ás súas necesidades.
A caseta do Principado de Asturias en Fitur acolleu o acto de sinatura para a incorporación das provincias de Biscaia e Guipúzcoa, do País Vasco; e de Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, por parte de Galicia, e a renovación de Cantabria, a través das súas respectivas asociacións de hostalaría, hotelería e turismo.
Ademais de Sara Santos, asistiron á firma do convenio o presidente de Hosteleria de Cantabria, Ángel Cuevas; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, José Francisco Real Castro; o presidente da Asociación de Hostalaría da Coruña, Héctor
Cañete do Campo; o xerente da Asociación de Hostelería de Bizkaia, Héctor Sánchez Zarraga; o secretario xeral da Asociación de Hostalaría de Guipúzcoa, José Joaquín (Kino) Martínez; o secretario xeral da Asociación de Aloxamentos de Guipúzcoa, Paul Liceaga e por parte de Otea, o presidente e o vicepresidente, Jose Luis Álvarez Almeida e Fernando Corral, respectivamente.
Tamén estiveron presentes responsables políticos de Turismo das respectivas comunidades.