займ срочно

Aser Estévez do Club Ciclista Padronés xa é campión galego de fondo en estrada e en contrarreloxo

0

Padrón – O corredor do Club Ciclista Padronés Aser Estévez gañou esta fin de semana en Pontevedra o Campionato Galego de Fondo en estrada, título que engade ao de contrarreloxo conseguido hai quince días.

Aser Estévez do Club Ciclista Padronés no podiumCoa vitoria da fin de semana, Aser Estévez suma xa 18 títulos autonómicos, seis deles en fondo. É tamén a sexta vez que consegue alcanzar o ouro en ambas as modalidades e coroarse campión galego en contrarreloxo e en fondo como xa sucedeu en 2008, 2009, 2010, 2011, 2015 e este ano 2017. Unha nova vitoria que o guardés engade á súa brillante traxectoria deportiva.

A vitoria, ao sprint

Estévez entrou en terceira posición da clasificación xeral da proba (sendo o primeiro galego) xa que este ano podían participar corredores de fóra da comunidade galega sendo puntuable para o ránking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC). De feito, a vitoria decidiuse ao sprint entre os dous escapados Pedro Merino (Supermercados Froiz) e  Willen Jacobus (Rías Baixas), sendo o integrante da escuadra alimenticia o primeiro en cruzar a meta.

En categoría sub 23 o título autonómico levouno Martín Bouzas (Supermercados Froiz) que entraba 9º na liña de meta, conseguindo tamén o dobrete galego este ano na súa categoría.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies