займ срочно

 “Outono a escena” en Arzúa

0

Bisbarra, 3 de outubro do 2023 – O concello de Arzúa pon en marcha, desde o departamento de Cultura, a oitava edición do programa cultural “Outono a escena” que durará ata o mes de novembro.

“Outono a escena” encherá as fins de semana de Arzúa de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofertará catorce propostas culturais repartidas nos dous meses.

A programación arrincará coa inauguración da exposición colectiva de pintura e fotografía “Homenaxe á muller rural” cun acto aberto ao público o vindeiro xoves día 5 ás 19:00h.

A mostra será visitable ata o 21 de outubro os xoves, venres e sábados de 18:30 a 20:30h e durante os espectáculos que terán lugar na Madanela.

A Capela da Madanela será tamén o escenario que acolla neste tempo diversos espectáculos nos chamados Venres na Capela para público adulto e os Sábados en familia para público infantil e familiar.

O venres, día 6 de outubro, ás 21:00h levarase a cabo a primeira función para público adulto co espectáculo teatral “De algo hai que morrer”, unha representación cómica a cargo da compañía Malasombra Producións.

Para público adulto, dentro dos Venres na Capela, prográmase tamén para o mes de outubro outra función de teatro o venres 20 ás 21:00h da man da compañía De Ste Xeito Producións que representará o espectáculo Running, unha suorenta comedia.

As propostas dos Sábados en familia traerán o concerto infantil de Pakolas titulado Rockenado con Ramona Pequena o sábado 14 e o espectáculo de narración oral con música en directo Cacho animalada a cargo de Vero Rilo o sábado 28. Ambas funcións serán ás 18:00h.

A programación de “Outono a escena” continuará no mes de novembro con monólogos, unha nova exposición e actividades dirixidas ao público escolar para conmemorar o Día do Infancia.

Todas as actuacións serán de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza e visitantes a “participar desta completa programación pensada para todos os públicos como lugar de encontro e entretemento nas tardes de outono”.

Ademais, quere destacar “o impulso que se lle segue a dar á Capela da Madanela que, despois de recibir máis de 7.000 visitas durante as exposicións do verán, convértese agora nun pequeno auditorio con escenario, iluminación e todas as comodidades para o público”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies