займ срочно

Arzúa investigará o Castro Cubín coa axuda da Xunta e da USC

0

Arzúa, 9 de xullo do 2021 – O Concello de Arzúa está a programar unha escavación no Castro Cubín, da man da Facultade de Historia da USC,  co fin de poñer en valor o patrimonio arqueolóxico municipal.

Os traballos en Castro Cubín contaran co apoio do grupo de investigación “Sincrisis Investigacións en Formas Culturais”, da Universidade de Santiago. O xacemento arqueolóxico presenta un excelente estado de conservación o que permitirá obter información e coñecementos valiosos sobre as formas de vida das comunidades do pasado no interior galaico, unha rexión habitualmente esquecida dentro da Prehistoria galega.

Para levar adiante este proxecto, Begoña Balado, concelleira de Turismo, mantivo varias reunións con técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia: o obxectivo dos encontros foi presentarlles a iniciativa e solicitar a súa colaboración para acometer xa este outono unha primeira escavación no castro.

A proximidade do castro co Camiño de Santiago e respecto á Vía XIX do Itinerario de Antonino é moi significativa e privilexiada para a súa posta en valor. A situación permite que a poboación local integre o castro e posibilita que transcenda tamén o Camiño, feito que pode ofrecer notables vías para o seu desenvolvemento social, económico e patrimonial.

Arredor do castro levaranse a cabo diferentes actividades relacionadas co patrimonio local, tanto relacionadas coa arqueoloxía coma de divulgación e interacción coa comunidade (xornadas, conferencias, etc.).  Trátase dun tesouro histórico e etnográfico que paga a pena protexer e conservar, para que poida ser coñecido e visitado por futuras xeracións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies