займ срочно

Primavera de Cultura en Arzúa

0

Bisbarra, 3 de abril do 2024 – O concello de Arzúa ven de poñer en marcha, un ano máis, o programa de actividades Primavera de Cultura.

Unha programación que Arzúa prepara arredor do Día do Libro e das letras Galegas e que se estenderá ao longo dos meses de abril e maio. A primeira actividade terá lugar este venres, 5 de abril, cun contacontos para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.

Máis de corenta escolares de 5 anos participarán no espectáculo Contos da lúa da compañía Trécola Producións que se levará a cabo na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro nunha función escolar que comezará ás 11:30h.

Outra das propostas para o mes de abril chega o venres 19 coa celebración do 1º Encontro literario Arzúa Le na Capela da Madanela ás 20:00h. Trátase dunha mesa redonda sobre o proceso de creación literaria e publicación dunha obra.

O acto, aberto ao público, será moderado polo coordinador do club de lectura municipal, José Manuel Pampín, e nel participarán a artista e tradutora Andrea Birsanu, a representante da editorial Cuarto de inverno, Andrea Jamardo, e o escritor Xosé Carlos Carracedo.

O sábado 20 a Casa da Cultura de Arzúa acollerá a partir das 20:00h un concerto a cargo da Rondalla Moraima de Arzúa e do Coro Voces da Terra de Vila de Cruces. Ao final do mesmo realizarase un sorteo de diversos libros entre todas as persoas asistentes.

Por outra banda, o martes 23, para celebrar o Día do Libro, porase en marcha de novo a campaña de fomento da lectura Arzúa Conta na que durante toda a xornada entregarase un agasallo con cada préstamo na biblioteca municipal ou con cada merca dun libro nas librarías locais.

A arte tamén ten presencia nesta programación cunha exposición colectiva en colaboración co colectivo artístico ARTE LUCET formado por nove artistas da pintura e da fotografía que expoñerán a súa obra na Capela da Madanela do 25 de abril ao 18 de maio en horario de 18:30 a 20:30 de xoves a sábados. A inauguración da mostra será o primeiro día, o xoves 25 de abril, ás 19:00h.

Para pechar o mes de abril, o sábado 27 terá lugar o acto de presentación da última novela da arzuá Ana González Rey. Presentará Alana na súa vila natal na Capela da Madanela ás 18:00. A programación Primavera de cultura terá continuidade no mes de maio con varios eventos centrados especialmente na conmemoración do Día das Letras Galegas.

O concelleiro de cultura, José Luís García, destacaba ter artellado unha programación para fomentar a cultura e o coñecemento das nosas Letras “cun amplo apoio ao tecido cultural local, contando cos distindos centros educativos, asociacións e artistas locais”. Ademais, fai un chamamento á participación a toda a veciñanza e especialmente “ás familias con nenos e nenas para involucralos na actividade cultural desde a infancia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies