Bisbarra, 23 de abril do 2024 – O concello de Arzúa e a Fundación Mujeres ofrecerá un itinerario de emprego dirixido a desempregadas ou que buscan unha mellora laboral.
O programa denominado “Alicia, activando a igualdade” está impulsado desde a Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, CIM. As clases son presenciais e consta de tres fases denominadas Quero, Podo e Consigo.
Na primeira delas, Quero, as participantes abordarán as temáticas de carácter máis persoal con talleres de autoestima, habilidades sociais, xestión do tempo e trasteando por internet (para adquirir destrezas básicas para o manexo na rede).
En Podo centraranse dun modo máis extenso en todo o que ten que ver co traballo propiamente dito. Materias como as condicións laborais, as competencias profesionais, os obxectivos profesionais e o autoemprego, as habilidades sociolaborais para a procura de emprego, e o uso do ordenador para buscar emprego e que estratexias se poden seguir para atopalo.
A última fase, «Consigo», sería xa máis orientada na práctica a, por exemplo, prepararse para unha entrevista de traballo, un proceso de selección de persoal, etc. A acción formativa de Arzúa desenvolverase os os xoves e venres do 2 de maio ao 7 de xuño de 2024 en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 na Aula CeMIT do Concello.
A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, chamando ao 981 501 101 ou en esta ligazón . As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 24 de abril.