займ срочно

Chega a 48º edición da Festa do Queixo de Arzúa

0

Bisbarra, 27 de febreiro do 2023 – A remodelada Casa de Correos de Arzúa acolleu a presentación da cuadraxésimo oitava Festa do Queixo que se celebrará a vindeira fin de semana.

O alcalde, José Luís García, presidiu un acto no que se desvelou o programa completo de esta edición. Aproveitou para reivindicar a Festa do Queixo e non dubidou en criticar o pouco apoio que recibe doutras administracións e as trabas burocráticas para colaborar.

Na presentación da Festa do Queixo tamén participaron Xosé Luís Carrera, presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa, que avanzou que deixa o seu posto polo que esta será a súa cita con responsabilidade; Alberto Alfonso, director Festival do queixo, quen destacou as complicacións que este ano, por diversos motivos, tiveron para conformar o cartel; e Aurora Varela, concelleira de Cultura Concello de Arzúa, que puxo en valor todo o traballo que realiza o seu departamento.

Máis alá diso a Festa terá como grandes estrelas do panorama nacional a Sidecars e no ámbito galego a Leilía e Tanxugueiras. Muchachito Bombo Inferno, os pinchadiscos We Are Not DJ’s ou os gañadores do concurso Queixo Maquetón, os carballeses Apart, serán tamén parte da música que soará este ano na cita co Queixo de Arzúa.

Unha Feira completa

Como era de esperar a participación de produtores será todo un éxito con 53 queixerías e 68 postos en total. Unha sección acollerá produtos de alta calidade que van desde marmelo ou crema de castañas ata chocolate. Outro apartado será a denominación de orixe protexida, DOP, Queixo de Arzúa Ulloa. E finalmente estarán outras queixerías e os concellos invitados: Boimorto, Melide e Trujillo.

Ao longo da fin de semana sucederanse as actividades de todo tipo tanto no recinto feiral como nos outros espazos. O Festival do Queixo dedicará o sábado á música máis contemporánea e o domingo aos grupos galegos. A cita comeza o sábado as 11 da mañá co pregón do actor Tamar Novas así que ide anotando para non perder nada.

Tedes toda a programación e horarios na web da Festa do Queixo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies