займ срочно

Arzúa atopa en Castro Curbín restos case únicos no noroeste de Europa

0

Arzúa, 29 de novembro do 2021 –  A escavación levada a cabo en Castro Curbín, Arzúa, polo  grupo de investigación da Universidade de Santiago sacou a luz restos arqueolóxicos moi importantes pola súa singularidade.

A investigación en Castro Curbín foi levada a cabo polo grupo “Sincrisis Investigacións en Formas Culturais”, que depende da Facultade de Historia da USC. Contou co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Arzúa.

Para poder coñecer as pezas mais destacadas que sairon dos traballos realizados polos técnicos da USC, o Concello de Arzúa abre hoxe unha exposición na Capela da Magdalena, que contará con  paneis explicativos relativos as investigacións realizadas. Nas vitrinas da mostra, os visitantes terán a ocasión de ollar pezas de teares ou mesmo adornos que usaban os habitantes do poboado fortificado de Castro Curbín.

Unha das pezas mais destacadas atopadas na intervención, foi documentada na Sondaxe 6, na contorna do acceso á croa. Trátase dunha grella de cerámica, definida por unha cocción oxidante pero moi deficiente, con abundantes restos de queimado. Esta grella presenta numerosos ocos circulares de 1,6-1,8 cm de diámetro, no que encaixan perfectamente varias fichas circulares cas mesmas medidas, recuperadas na mesma ubicación. Atendendo ás súas características, todo parece indicar que se trata dun taboleiro de xogos, o primeiro coñecido no Noroeste para estas cronoloxías e con escasos paralelos no resto de Europa.

En Castro Curbín, o material cerámico recuperado é maioritariamente adscribible á Segunda Idade do Ferro (s. IV-I a.C.), coas características habituais da cerámica do interior: recipientes globulares multifuncionais, maioritariamente olas. Pola súa banda, a metalurxia é unha actividade ben documentada na escavación realizada. Se ben aínda non foi posible identificar as zonas de produción, sí foron documentadas varias evidencias relacionadas coa metalurxia do bronce e do ferro (escouras, crisoles…).

Charla de Samuel Nión

De xeito paralelo á inauguración da exposición, o director da escavación Samuel Nión, presentará os principais achádegos e as liñas de actuación coas que afrontaron o traballo ao logo dos 15 días que durou a intervención e as posibilidades de investigación que presenta a zona de cara a futuros traballos. O xacemento arqueolóxico presenta un excelente estado de conservación e a Dirección Xeral de Patrimonio,  segundo Begoña Balado concelleira de Turismo, considera que “a proximidade do castro co Camiño de Santiago e respecto á Vía XIX do Itinerario de Antonino é moi significativa e privilexiada para a súa posta en valor, xa que non só permite que a poboación local integre o castro, senón que posibilita que transcenda tamén o Camiño, feito que pode ofrecer notables vías para o seu desenvolvemento social, económico, turístico e patrimonial”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies