Arzúa, 11 de febreiro do 2021 – Arzúa será unha das protagonistas da serie documental “Arrieiros somos” do creador Rubén Riós e que mostra distintos lugares de Galicia dándolle un especial protagonismo ás persoas.
“Arrieiros Somos” nace despois do éxito de “Camiñantes do noso” que se adentrou nas aldeas polas que transcorre a vía da prata do Camiño de Santiago, como xa contamos no seu día, e que pasou tamén pola bisbarra visitando o concello de Vedra. A serie acadou cerca das 100.000 visualizacións en Youtube, e un grande impacto e alcance nas distintas redes sociais
Arrieiros
Agora, baixo o título de “Arrieiros somos”, o coñecido actor e produtor Rubén Riós percorre varios lugares de Galicia manténdose a esencia de Camiñantes do noso pero con moitas novidades. En esta ocasión conversa sobre as relacións e o amor das persoas, aos seus e ao noso.
Os protagonistas desta primeira entrega son Cecília Camino de 92 anos e o seu fillo Manoliño de 53; unha historia que nos fará ver o amor incondicional entre nai e fillo despois de criarse sen a figura paterna e a loita e a constancia de Manoliño entre a súa discapacidade e o ámbito rural.
Esta produción estrearase este venres, 12 de febreiro, as 21:00h na canle de YouTube “Orgullo Galego”.