займ срочно

As festas do Apóstolo pecharaán o día coa Ultranoite no país dos Ananos de Chévere

0

Compostela, 19 de xullo do 2017 – Unha das citas máis esperadas do Apóstolo 2017 chega coa Ultranoite no páis do ananos de Chévere.

Antes dos Chévere a cidade ten unha tarde moi intensa on todo o que podedes ver a continuación:

 

 

[columns]
[column size=”1/3″]Do fondo do peto (música tradicional)

18.00 h | Via Sacra

Mes da cultura urbana

Oradoiros de DJ e Parkour

18.00-20.00 h | Praza Roxa

Terrazeando, ciclo de concertos ao fresco

Cómo vivir en el campo

21.00 h | Terraza do Hotel Costa Vella

[/column]
[column size=”1/3″]Artellando nos recunchos

‘Projecto Branta’ (música-perfomance)

Vania Couto (Portugal)

21.00 h | Arcos de Bonaval

Chévere 3.0

‘Ultranoite no País dos Ananos’

Grupo Chévere

23.00 h | Praza da Quintana

[/column]
[column size=”1/3″]Artellando nos barrios

‘O vendedor de fume’, Teatro dos Ghazafelhos

19.00 h | Praza Roxa

‘Lila Star’, Pistacatro Produtora de Soños

19.00 h | LSC Lavacolla

‘Baobab’ (sesión de contos)

19.00 h | CSC A Trisca

Artellando na noite

Celina da Piedade

23.00 h | Praza do Toural[/column]
[/columns]

Ultranoite no país dos ananos

A Ultranoite é un formato teatral e cabareteiro cociñado na Nasa, que leva desde 1993 renovándose continuamente e no que teñen participado varias xeracións de actores, actrices, cantantes e músicos galegos. Durante máis de 20 anos a Ultranoite ofreceu un reflexo crítico, cómico e retranqueiro da actualidade política, social e cultural, converténdose nunha crónica escénica da historia recente do noso país. Como homenaxe a toda esta traxectoria, Chévere estreou este musical en Teo en 2014 para achegar o espírito da Ultranoite a todo o público galego.

Según Chévere “O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira a través da Ultranoite ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Un lugar definido polo despilfarro do presente, o cinismo das clases dirixentes e o fin da esperanza nun futuro mellor”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies