займ срочно

Apóstolo día 3, o Folk toma a Quintana e Liridade Noctámbula o Toural

0

Compostela, 20 de xullo do 2018 – O Certame Folk con Tiruleke, Leilia e Oscar Ibañez & Tribo serán os protagonistas, a partir das oito e media da tarde, da terceira xornada das festas do Apóstolo.

O certame Folk chega a sétima edición e compleméntase cunha feira de artesanía e deseño ao longo da mañá, na que se mostrarán e venderán produtos de acibeche, prato, coiro ou cerámica, actividades e obradoiros para os máis pequenos e as sete da tarde coa actuación da Escola Galega de Danza Media Punta.

Liridade Noctámbula

Hoxe tamén comeza o ciclo Compostela É! Música, co concerto de Liridade Noctámbula, ás 23:00 horas na praza do Toural. O grupo presentará o seu novo disco, 9 poemas de Lorca, baseado nos textos do poeta granadino e que inclúe seis pezas en galego e dúas que tiran do libro Poeta en Nueva York. Liridade Noctámbula está liderado por Ramón Rey, voz da formación xunto con Laura Villanueva, Cristina Castro e Sara de Sousa. Ademais, forman parte do grupo Carlos Arévalo, á batería; Javier Cendrón, no violín; Alejandro Casquero, nos teclados; Rodolfo Amaral, á guitarra; e Fabio Alonso, no baixo.

Liridade Noctámbula

Programación Venres 20

VII CERTAME FOLK 

10.00 h. Feira de Artesanía e Deseño

11.00 h. Actividades e obradoiros participativos

18.00 h. Actividade infantil. DANI GARCÍA

19.00 h. Escola Galega de Danza Media Punta

19.30 h. Actividade infantil: PETER PUNK

20.30 h. TIRULEQUE

21.45 h. LEILÍA

23.00 h. OSCAR IBÁÑEZ

Praza da Quintana

18.00 h

VISITA DIALOGADA ENTRE ROSALÍA DE CASTRO E VALLE-INCLÁN

Saída da Praza de Santo Agostiño, Rua da Conga, Rua Nova, Igrexa de Santa Maria de Salomé, Rua do Vilar, Rua de Bautizados, Igrexa de San Fiz de Solovio.

23.00 h

Compostela é! Música

LIRIDADE NOCTÂMBULA

9 poemas de Lorca

Carlos Arévalo, batería

Javier Cedrón, violín

Alejandro Casquero, teclados

Rodolfo Amaral, guitarra

Fabbio Alonso, bajo

Ramón Rey, voz

Laura Villanueva, voz

Cristina Castro, voz

Sara de Sousa, voz

Praza do Toural

Observatorio da Nova Diáspora, ONDA

Centro Cívico do Romaño

Propagación de Onda

12.00 h: Inauguración

13.00  h: Sesión vermú

16.00 h: Apertura de portas / Presentación das exposicións: Dolores Sánchez Calvo,  Cé  Tomé y  Xelís de Toro

17.00 h: Tertulias e debate

21.00 h: Pausa pincho

22.00 h:  Galician Film Forum, proxeccións

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies