займ срочно

Andaina PSM inaugura novo centro de rehabilitación en Ordes

0

Ordes, 6 de outubro do 2018 – A Asociación Andaina Pro Saúde Mental inaugurará o próximo mércores o seu novo centro de rehabilitación de Ordes.

A apertura do novo local de Andaina PSM coincide co seu aniversario e co Día Mundial da Saúde Mental. Estará situado no número 14 da rúa Emilio Pardo Bazán, na zona do Paraíso, no casco urbano de Ordes, e presentará asistencia psicosocial e laboral.

Para este día tan significativo, a partir das 10.30 horas, contarase co apoio e a presenza do prestixioso oncólogo e investigador Anxo Carracedo. Unha hora antes convidarase a un almorzo para, a partir das 11 horas,  ofrecer unha charla a cargo de Julio Rodríguez, membro da Fundación Galega de Menciña Xenómica. A parte máis lúdica darase a partir das 12.30 horas cando os usuarios e usuarias da asociación representen a obra teatral O Galo. Xa para concluír, ás 13.15 horas serviránse uns petiscos a todas as persoas asistentes. Os veciños e veciñas que queiran acudir deberán confirmar asistencia chamando ao 981076405 ou a través do correo andaina@gmail.com.

Vista do novo local

Entre os asistentes está tamén confirmada a asistencia de diversos representantes dos concellos da comarca ordense, ademais da Mancomunidade de Ordes. José Girón e Antonio Hernández, presidente e director de FEAFES respectivamente ou Sinda Blanco Lobeiras, subdirectora de Procesos Asistenciais (Área de Medicina).

A día de hoxe Andaina PSM, experta na atención integral das  persoas  con  enfermidade  mental,  das súas  familias  e persoas  coidadoras no  ámbito rural, conta con 40 usuarios e usuarias na comarca ordense. Grazas a estas novas instalacións de máis de 260 metros cadrados de superficie útil, todas e todos eles poderán seguir valéndose das distintas actividades e servizos que se veñen brindando dende hai anos nesta zona. Así, ademais da atención ao público tamén se desenvolverán sesións de movemento e psicomotricidade; rehabilitación cognitiva; educación, saúde e deporte; arteterapia; xestión da atención psicolóxica no domicilio e das clases de cociña; obradoiros de igualdade; ioga e habilidades sociais. 

Dita actividade, da que tamén poden valerse persoas sen un diagnóstico emitido, ven avalada dende hai algún tempo polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Recentemente asinouse un un convenio  de  colaboración co centro de rehabilitación ordense e co seu programa  de  atención domiciliaria,  tan  importante  nos concellos  rurais debido ás  circunstancias  socio-demográficas e ás dificultades que se presentan á hora de acceder a este tipo de  servizos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies