займ срочно

Ames e Teo propoñen conectar, por autobús, O Milladoiro, Cacheiras e Os Tilos con Santiago

0

Bisbarra, 22 de febreiro do 2018 – Os alcalde de Ames, José Miñones, e Teo, Rafael Sisto, asinaron un documento no que se recolle un proxecto común de mobilidade metropolitana que uniría en autobús os principais núcleos urbáns do municipio.

Este autobús circular será presentado á Dirección Xeral de Mobilidade, solicitando que sexan incorporadas as modificacións recollidas nel nas condicións da vindeira licitación, no ano 2019, de tódolos contratos do mapa concesional do Transporte Metropolitano Galego.

De Esquerda a dereita: José Miñones. Rafa Sixto e a concelleira de mobilidade de Teo Conchi García

A proposta de  Ames e Teo presenta algunhas melloras difíciles de implementar baixo as actuais condicións contractuais, que limitan a creación de novos trazados, frecuencias ou franxas de servizo, baseándose en dereitos de explotación adquiridos nun tempo no que as necesidades de mobilidade eran outras. Neste momento, os operadores que prestan servizo na zona son: Hedegasa -operador principal-, Monbus, Hermanos Ferrín e Arriva Noroeste. Algúns destes servizos están concibidos como longa distancia que comunican localidades do sur ou do oeste, como Ribeira, Vigo, Pontevedra, Boiro, etc, co concello de Santiago e que, ao seu paso polos concellos de Ames e Teo, complementan o servizo disposto para estes.

O servizo actual comunica a parte oeste do concello de Teo, na que residen ao redor de 6.000 veciños, co núcleo de Milladoiro, en Ames, no que existe unha concentración censal de ao redor de 15.000 veciños e co centro de Santiago. Ambos os dous concellos contan cunha oferta emerxente de servizos que atrae á poboación dun e outro concello, o que fai necesario dotar a esta área dunha mobilidade transversal, que agora mesmo non está cuberta cun servizo que non chega ao principal núcleo urbano de Teo, e o máis próximo a Santiago.

Proxecto presentado

O proxecto asinado  propón a creación dunha liña circular de autobús xurdida do actual servizo que nace na rúa da Rosa, en Santiago, e que despois de pasar polo Milladoiro percorre a parroquia de Calo e finaliza o seu servizo en Luou. Nesta proposta este servizo mantén os horarios dos días laborais e trazado actual, incrementando este cunha prolongación do mesmo dende Luou, pasando por Cacheiras e Os Tilos, cara Santiago, reforzando o servizo do corredor AC-841, o máis poboado do concello de Teo e permitindo o tránsito directo entre Milladoiro, Cacheiras, Os Tilos e Santiago, principais concentracións urbanas. A liña, baixo esta configuración, comunicaría a unha poboación de ao redor de 30.000 veciños dos concellos de Ames e Teo (sumando os 9.000 novos veciños beneficiados pola prolongación do trazado) ,entre si e co centro do concello de Santiago, o que incrementa significativamente o número total de potenciais usuarios.

En canto ao servizo da fin de semana, esta reformulación do servizo, mantén as expedicións xa existentes e incrementa un par de servizos de ida e volta pola mañá, franxa horaria que actualmente non conta con oferta. Este servizo de disposición circular, contaría con dous sentidos de circulación, un con saídas no sentido Intermodal – Teo – Ames – Intermodal e outro no sentido Intermodal- Ames – Teo – Intermodal. Por outra banda, e en relación ao resto dos servizos, sería necesario manter a súa actual oferta, contemplando as melloras que os propios operadores podan aportar ao servizo na inminente licitación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies