займ срочно

Ames prepara os cursos de natación para o verán

0

Ames, 10 de xuño do 2019 – Concello de Ames e Deputación da Coruña colaboran na organización dos cursos de natación de xullo,  para os que hoxe se abre o prazo de inscrición, e agosto para os que a inscrición farase en xullo.

Os obradoiros terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Os cursos de natación organízanse en cinco quendas. Tanto os cursos de xullo como os do mes de agosto están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manterán os mesmos horarios. Ás 11:15h comezarán as persoas que superen os 10 anos de idade, mentres que ás 12:00h será a quenda daquelas e aqueles entre os 8 e os 9 anos. A continuación, ás 12:45h, entrará na piscina a rapazada cuxa idade estea comprendida entre os 6 e os 7 anos, aos que seguirán os cativos e cativas de entre 3 e 5 anos a partir das 13.30h, que serán os últimos en mergullarse.

Trámites de inscrición

As inscricións poderán tramitarse tanto na Casa da Cultura do Milladoiro como na Oficina de Deportes de Bertamiráns, situada na Casa do Concello, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Para realizala será preciso presentar a solicitude cuberta, xunto con unha fotocopia da tarxeta sanitaria e o impreso de autoliquidación do pagamento selada pola entidade bancaria. No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Asemade, existen bonificacións para os membros das unidades familiares menores de 18 anos.

A folla de autoliquidación poderá solicitarse presencialmente na Casa da Cultura do Milladoiro, na oficina de Deportes de Bertamiráns, nas oficinas de recadación ou no enderezo de correo electrónico ames@canaltributos.com. Só poderán participar as persoas empadroadas no Concello de Ames. Para máis información poden enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981535940 ou 619842504.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies