займ срочно

Polémica en Ames por compra da compra dun inmoble

0

Ames, 30 de setembro do 2019 – Ames aprobou un suplemento de crédito que permitirá a compra dun inmoble destinado a un centro Coworking co voto en contra do PP que considera que a compra ten que saír a concurso.

O pasado 4 de abril o Concello de Ames asinou un convenio coa Deputación Provincial da Coruña para financiar o proxecto de adquisición dun ben inmoble para o seu uso como espazo de traballo colaborativo, Coworking, no marco do Plan de Emprego Local da deputación da Coruña (PEL) 2016- 2019. Dito convenio ten por obxecto a fixación das bases de outorgamento dunha subvención nominativa por parte da Deputación para o financiamento de dito proxecto.

O financiamento provincial ascende a 200.000 euros sobre un orzamento máximo para a adquisición do ben que ascende a 564.879,06 euros. A compra do inmoble será financiada co remanente de tesourería evitando recorrer a un pago aprazado como estaba previsto. Coa aprobación de dito suplemento de crédito afrontarase  o pago de 182.439 euros, que se corresponden co importe das anualidades 2018 e 2019.

O voceiro popular, Ramón García Argibay, manifestaba a abstención do seu grupo, argumentando que houbo información que o Alcalde Miñones non trasladou, ou ocultou ao resto dos grupos políticos. Para os populares a adquisición directa é “un cambio de criterio estrañamente considerable e con lagoas” según afirmaba Argibay. Asemade, o voceiro cuestionou o motivo polo que antes de firmar a adquisición do propio local, xa se soubera o prezo e tamaño do local situado no Polígono “Novo Milladoiro”.

Adhesión á Central de contratación da FEMP

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a adhesión á Central de contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) á que xa están adheridos máis de 1.100 municipios de toda España. Para o Concello de Ames resulta conveniente a utilización desta Central de Contratación xa que a mesma se configura como un servizo especializado coa finalidade de introducir nas entidades locais asociadas unha simplificación administrativa na contratación e unha redución do gasto público.

Proxecto modificado de accesibilidade universal

Por outra banda, o Pleno aprobou, tamén por unanimidade, o proxecto modificado da segunda fase de mellora da accesibilidade universal en edificios públicos. Deste xeito, modificarase o proxecto como consecuencia da necesidade de dar resposta ao incremento das necesidades de atención ao público no edificio de servizos sociais municipais do Milladoiro.

Así, modifícase a distribución da planta superior eliminado os aseos adaptados (que xa existen na planta baixa) que son substituídos por un espazo diáfano onde se situará un posto de traballo e atención ao cidadán creando no tabique lindante ao hall un mostrador e ventá corredora. Este espazo diáfano complétase coa previsión de colocar un arquivo para eliminar a grande cantidade de papel e enseres amontoados. Na planta inferior crearase tamén un despacho adicional con carpintería e tabiquería acristalada.

Instauración dunha hora sen ruído nas festas

Por último, aprobouse por unanimidade unha proposta do concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, relativa á instauración dunha hora sen ruído en todas as festas do Concello de Ames. Deste xeito, acordouse que o Concello de Ames mostre o seu apoio ás persoas que presentan Trastorno do Espectro Autista (TEA), e en xeral ás persoas con dificultades de integración sensorial, e comprométese a consensuar e acordar a instauración de “1 hora sen ruído” como mínimo, non só para as atraccións senón tamén para calquera outro tipo de actividade que se produza con motivo de todas as festas do municipio durante o horario en que estas se leven a cabo. Realizarase ao longo de todo o ano para que os nenos/as con autismo, problemas auditivos ou parálise cerebral poidan acceder ás festas de maneira normalizada.

Outro dos acordos é estudar a modificación da ordenanza municipal contra a contaminación acústica para que, no caso de ser necesario, contemple a súa instauración e que a iniciativa poida ir incorporada nos contratos coas diversas empresas que se instalen nas festas e tamén nas contratacións que realicen outras entidades e asociacións. O último acordo é que o Concello se compromete a promover campañas de sensibilización contra o autismo co obxectivo de facilitar a integración social destas persoas e fomentar o respecto á diversidade desde idades temperás, poñendo a disposición da cidadanía toda a información sobre esta iniciativa para a súa máxima difusión chegando a todo tipo de perfís.

Dende o goberno municipal manifestouse que, en colaboración coa Federación de Autismo de Galicia, se colocaron máis de 600 pictogramas en distintas instalacións municipais e que nos últimos anos se realizaron diversas actividades de concienciación con motivo da conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies