займ срочно

O pleno de Ames aproba un suplemento de crédito próximo aos dous millóns de euros

0

Ames, 2 de xuño do 2022 – O concello de Ames celebrou o pleno ordinario do mes de maio no que se aprobou, entre outros temas, un suplemento de crédito próximo aos dous millóns de euros.

O suplemento ten como obxectivo financiar proxectos do plan “Ames Progresa 2021-2023 encamiñado a paliar os efectos da pandemia. Os investimentos previstos pero non comezados ou os non rematados se incorporarán as contas do 2021 pero este suplemento servirá para as novas accións que se leven a cabo.

No suplemento aprobado polo pleno recóllese tamén crédito para proxectos que para iniciarase ou continuar coa licitación necesitan adaptar os custos debido aos incrementos de prezo das obras. O O valor total do suplemento é de 1.950.047,39 euros que será financiado con cargo ao remanente de tesourería do exercicio 2021, que ascende a 9.366.000 euros, evitando así acudir ao endebedamento.

Parque arqueolóxico Compostela Rupestre

O pleno aprobou tamén o Plan director do Parque arqueolóxico Compostela Rupestre. Un plan do que forman parte, ademais de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e conta co apoio da Deputación da Coruña. O Plan director inclúe os estudos, avaliacións e programas de actuación imprescindibles para afrontar e garantir a necesaria investigación, conservación, protección e divulgación das estacións rupestres localizadas no ámbito do proxecto. Por outra banda, plantexa estratexias e liñas de acción viables para xestionar e impulsar a curto, medio e longo prazo o parque arqueolóxico de Compostela Rupestre.

Reforma de vestiarios en Bertamiráns

Outro dos puntos aprobados foi o referido ao proxecto modificado das obras de reforma de vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns, incluído no POS+ 2020.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou que durante a execución das obras xurdiu a necesidade de tramitar unha modificación do proxecto, sen variación económica, para dar una mellor resposta ás necesidades existentes nos vestiarios. Segundo o recollido no proxecto modificado vanse executar unicamente modificacións de carácter non substancial, que consisten en manter a primeira fila de gradas, eliminar un peche de cristal no corredor dos vestiarios e complementar as instalación de fontanería e electricidade, sen que varíe o presuposto inicial.

Gratuidade das escolas infantís municipais

No pleno ordinario de maio tamén se aprobou por unanimidade a aprobación inicial da modificación da ordenanza número 5, que reguladora o prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames, co obxecto de acollerse a gratuidade da atención educativa, ao abeiro da modificación da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, establecendo unha bonificación do 100% do prezo correspondente a partires do curso 2022-2023.

Cemiterio parroquial de Biduído

Tamén se aprobou por unanimidade a alteración da cualificación xurídica dunha superficie de terreo de 327 metros cadrados no cemiterio parroquial de Biduído. O concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, explicou que o Pleno do Concello de Ames, na sesión de abril de 1993, adoptou un acordo para a cesión gratuíta a Igrexa Católica dunha parcela de 1.000 metros cadrados cualificada como de equipamento xeral para a ampliación do cemiterio de Biduído.

Posteriormente realizáronse as obras de ampliación do cemiterio parroquial de Biduído, resultando segundo medición xeoreferenciada realizada recentemente que a obra de ampliación abarcou un total 1.327 metros cadrados, no lugar de os 1.000 metros cadrados previstos e que foran cedidos para dito fin.

Co obxectivo de regularizar esta situación é necesario formalizar unha nova cesión de 327 metros cadrados a Igrexa Católica, co obxecto de complementar a cesión inicial de 1.000 metros cadrados, adaptando a situación xurídica dos terreos sobre os que se realizou a ampliación do cemiterio á realidade física. Para iso o Pleno aprobou a desafectación do dominio público da franxa de superficie de 327 metros cadrados necesarios para regularizar dita situación.

Undécima modificación da RPT

Ademais, abordarase a undécima modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ames, que foi negociada previamente na Mesa Xeral de Negociación. Este punto foi aprobado por unanimidade. O concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, dixo que se incorporará á RPT a creación, dentro do departamento de Policía Local, dun novo posto de oficial derivado da amortización dun posto de Policía Local actualmente vacante por xubilación.

Tamén se incorporará á RPT, polo seu carácter estrutural, un posto de técnico/a do Ciclo Integral da Auga adscrito ao departamento de Infraestruturas, Obras e Servizos Básicos; e incluíranse á RPT, polo seu carácter estrutural, dous postos de técnicos/as de medios de inserción laboral, adscritos ao servizo de Promoción Económica e ao departamento de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.

Plan de medidas antifraude

Ademais, abordouse a aprobación do Plan de medidas antifraude do Concello de Ames, que foi aprobado por unanimidade. A concelleira de Transparencia, Vanessa Vidal, lembrou que na sesión plenaria do 28 de abril de 2022 o Pleno do Concello de Ames aprobou por unanimidade a declaración institucional de loita contra a fraude, pola que a Corporación municipal se compromete a adoptar e cumprir medidas de loita contra a fraude e en particular á aprobación dun Plan de medidas antifraude.

Deste xeito, considérase que a aprobación deste plan é un dos primeiros pasos necesarios para o acceso a fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia, que permitirán continuar avanzando nas actuacións de transformación dixital, cohesión social e territorial, igualdade e transición ecolóxica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies