займ срочно

Ames incorpórase ao programa Xantar na Casa

0

Ames, 6 de xuño do 2018 – O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, formalizaron nunha xuntanza co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a incorporación do Concello de Ames ao programa Xantar na Casa.

13,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinará un convenio de colaboración co alcalde de Ames, José Miñones Conde, para a adhesión ao Programa Xantar na Casa.
foto xoán crespo
04/06/18

O servizo autonómico Xanta na Casa facilita unha alimentación equilibrada e de calidade a domicilio para persoas maiores e dependentes. O programa basease na entrega de menús preparados para toda a semana a persoas con déficit de autonomía, maiores, dependentes ou persoas en situación ou en risco de exclusión, que non poden cubrir as súas necesidades básicas por si mesmas. Coa adhesión de Ames son xa 168 os Concellos que forman parte desta iniciativa, da que se benefician unha media de 1300 persoas. O custo é financiado pola administración, as persoas beneficiarias e o concello, pagando o usuario o 25% do total.

Durante o desenvolvemento da xuntanza, tamén se abordou a situación dos programas e recursos sociais existentes en Ames que dependen ou nos que participa a Xunta de Galicia. O encontro tamén incluíu a presentación por parte do alcalde e da concelleira  de dous proxectos para a posta en marcha dun centro de día e dun novo recurso de inclusión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies