займ срочно

XVII Festival internacional FestiMax en Ames

0

Bisbarra, 11 de outubro do 2022 – O Departamento de Cultura do Concello de Ames ven de presentar a XVII edición do FestiMax, o Festival Internacional de Maxia de Ames.

A cita desenvolverase os días 21, 22 e 23 de este mes nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O FestiMax esta organizado polo concello coa colaboración da Deputación da Coruña. Este ano como novidade inclúese unha gala de novos talentos da maxia.

A presentación tivo lugar no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro coa participación da concelleira de Cultura, Natividade González, do mago e produtor de Abarajar Producciones, Dani Polo, do primeiro tenente da Alcaldía, David Santomil, e da técnica do departamento de Cultura, María Vázquez.

Natividade González, dixo “volvemos neste mes de outubro cunha das datas máis esperadas do concello para todos nós. Xa non é que o FestiMax se consolide, xa imos pola décimo sétima edición, senón que penso que hai poucos eventos na comarca con este número de edicións, con tanto público e tan esperados. As nosas Casas da Cultura vanse vestir de ilusión e de maxia para acoller a artistas moi importantes. Como sempre digo, dende a Concellaría de Cultura traballamos cada ano para que o nivel deste festival sexa o mesmo, e se podemos, seguir superándonos”.

O mago e produtor Dani Polo, explicou que “son xa dezasete edicións e é unha sorte e un orgullo que Ames sexa co FestiMax o epicentro da maxia. Trátase dunha aposta moi completa, con maxia galega, internacional e de todas as partes para todos os públicos, intentando combinalo todo”.

Gala de novos talentos da maxia

A programación do FestiMax está composto por catro grandes espectáculos que se van a realizar os días 21, 22 e 23 de outubro. As actividades comezan o venres 21 de outubro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns coa Gala máxica infantil. O mago inglés Cliff The Magician presentará o espectáculo Magical Mistery Tour. Este mago é especialista en realizar espectáculos para os máis cativos e cativas. Conta cunha longa traxectoria levando a súa maxia a diferentes teatros e centros educativos de diferentes países.

Tamén o venres, 21 de outubro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro desenvolverase o que será a principal novidade desta edición do festival de maxia. Trátase da Gala de novos talentos da maxia, que estará presentada polo mago Rafa e na que participarán Magic Mateo, Mago Iago, El Grand Na, Maga Aldara e Mago Alvart. A entrada para ver este espectáculo é de balde, pero haberá que adquirir o correspondente convite na Billeteira electrónica. https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

Obradoiros de maxia

Outra das actividades que se realizan este ano serán os obradoiros de maxia, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Así, o sábado 22 de outubro, o mago David Maestro impartirá un taller de maxia na Casa da Cultura do Milladoiro. Formaranse dous grupos de 12 participantes cada un. A primeira sesión farase ás 11.00h e a segunda a continuación ás 12.00 horas.

O domingo 23 este mesmo obradoiro impartirase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Tamén será impartido polo mago David Maestro en dúas sesións, ás 11.00 e ás 12.00 horas, e formaranse dous grupos con 12 nenos/as en cada un.

Para participar é necesario inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal. En dito correo hai que poñer o nome, apelidos da persoa que quere participar no obradoiro de maxia e un número de teléfono de contacto.

Gala máxica internacional

A Gala máxica internacional farase tamén o sábado 22 e mailo domingo 23 de outubro. Como nos últimos anos haberá catro pases debido á gran demanda que ten este espectáculo entre a veciñanza amesá. A Gala estará presentada polo mago Murphy de Madrid e participarán os magos Dani Polo (Galicia), Lore Lavand (Arxentina), Enric Magoo (Cataluña) e Hyun Joon Kim (Korea), que é un dos mellores magos na súa disciplina a nivel mundial.

Así, o sábado 22 realizarase o espectáculo Isto é maxia na Casa da Cultura do Milladoiro, mentres que o domingo 23 de outubro desenvolverase o espectáculo Agora Maxia, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ambos días a primeira función será ás 17.00h e a segunda ás 20.00 horas. A venda de entradas e convites farase a través da Billeteira electrónica. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono 981 535 940 / 662 377 444 ou escribir un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies