займ срочно

Ames volve a enlazar as festas de Milladoiro e Bertamiráns en 11 días de celebración

0

Bisbarra, 19 de xullo do 2023 – O concello de Ames volve a enlazar as programacións das festas do Milladoiro, as da Madalena, coas de Bertamiráns, as da Peregrina, en 11 días de actividades.

Ames en Festas 2023 vai do 4 de agosto ao 8 no Milladoiro e do 9 ao 14 en Bertamiráns. O programa foi presentado na Casa do Concello de Ames polo alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; e mailo vicepresidente da comisión de festas da Peregrina, Benjamín Seoane. Os membros da comisión de festas do Milladoiro non puideron acudir á presentación por motivos persoais e laborais.

Festas da Madalena no Milladoiro

As festas comezan o venres 4 de agosto coa semifinal do concurso Canta con Ames, que se vai realizar ás 20.00 horas na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Participarán un máximo de 20 persoas, previamente seleccionados. Interpretarán unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou en inglés. O xurado escollerá ese mesmo día aos 12 participantes (catro por categoría) que pasarán a final do 18 de agosto.

O venres 4 tamén actuarán no paseo da Igualdade, ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro, as artistas Thais Suki, Sofía Rial e Catuxa Salom.

O sábado 5 de agosto contarase coa actuación de Tacón Gitano. Será na praza de Manuel Murguía, ás 21.00 horas. Trátase dun trío de flamenco composto por Moisés Fernández (caixón flamenco), Isaías Salazar (bailaor) e Rubén Fernández (guitarra e voz). Esta actuación enmárcase dentro do programa AmesOn de verán que organiza o Concello de Ames. Este mesmo día 5 de agosto, ás 23.00 horas, a comisión de festas do Milladoiro ten programado a actuación da  Orquestra Alianza e do DJ Macro CDC. As actuacións das orquestras no Milladoiro serán todas na explanada que se atopa ao carón da Travesía do Porto e onde está situada a área de autocaravanas.

O domingo 6 de agosto, ás 23.00 horas, haberá verbena a cargo da orquestra Venecia e do DJ Marcos Magan. Para o luns 7 de agosto está programado o concerto do grupo Pitusa Semifusa dirixido ao público infantil. Será ás 19.30 horas na paza Manuel Murguía. Ademais, ás 23.00 horas volve haber verbena a cargo das orquestras D´Noche e Los Coleguitas.

Peche de festa con  Heredeiros da Crus e Charleston Big Band

O martes 8 e agosto, ultimo día das festas da Madalena, haberá dúas grandes actuacións. Ás 22.00 horas, no paseo da Igualdade, ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro, actuarán seis anos despois no Milladoiro os máis jrandes, Heredeiros da Crus. A mítica banda de rock do Barbanza formada a comezos dos anos 90 volver a ofrecer un concerto no Milladoiro despois de estar no Millarock de 2017. De seguido, ás 23.00 horas pechará as festas do Milladoiro a orquestra Charleston Big Band.

Festas da Peregrina en Bertamiráns

O propio martes 8 de agosto comezan as actividades e propostas en Bertamiráns, coa actuación para o público infantil e familiar de Paco Nogueiras na praza de Chavián, ás 19:30 horas, como parte da programación da Concellaría de Promoción Económica AmesON de verán. Nogueiras, músico e actor, combina a súa labor en diversas formación teatrais con ser monitor de teatro e realizar numerosos espectáculos para o público infantil e familiar.

O mércores 9 comezará a música e a verbena co concerto de Sabela no parque do Ameneiral ás 21.00 horas, e coa actuación da orquestra Panorama e Disco Móbil Fabrik no campo da festa da Peregrina, ás 23:00 horas.

Na mesma liña continuarán as festas o xoves 10, un día que arrincará coa actuación dos Festicultores na praza da Maía ás 21:00 horas, e continuará ás 23.00 horas coa actuación da Orquestra Kubo no campo da festa da Peregrina.

O venres 11 a noite arrincará cun concerto a cargo do grupo amesán As Maianas e do dúo Caamaño & Ameixeiras. De seguido, ás 23.00 horas no campo da festa da Peregrina haberá verbena a cargo da orquestra Finisterre e Disco móbil Chocolate.

Romaría urbana

Para o sábado, 12 de agosto, a comisión de festas da Peregrina organizou unha nova iniciativa. Trátase dunha romaría urbana que se realizará no parque do Ameneiral. Comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de Mad Martín, La Reunión, Michu da Rocha e Doctor Snob, que enlazarán co concerto de Los Mecánicos previsto para ás 21.00 horas. A actuación de Los Mecánicos enmárcase dentro do AmesOn. A través desta iniciativa trátase de levar a festa ao centro de Bertamiráns para que a veciñanza poida gozar desta romaría e tamén teña un retorno económico para os establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.

O domingo 13 de agosto, ás 23.00 horas, haberá verbena  a cargo da orquestra Compostela e Disco móbil CDC. As festas rematarán o luns 14 de agosto, ás 23.00 horas, coa actuación da orquestra Nueva Fuerza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies