Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Ames organiza a I Feira do Pan e do Cereal

Ames organiza este sábado, no Campo da Festa da Bugallido desde as once e media da mañá, a I Feira do Pan e do Cereal.
ames-feira-do-pan-e-do-cereal-slide-4-maio-2023_r

Bisbarra, 4 de maio do 2023 – Ames organiza este sábado, no Campo da Festa da Bugallido desde as once e media da mañá, a I Feira do Pan e do Cereal.

A través das exposicións, charlas, obradoiros e degustacións, a I Feira do Pan e do Cereal busca ser un referente e difundir a longa tradición panadeira. Trátase de poñer en valor un produto recoñecido como Indicación Xeográfica Protexida (IGP).

Programa da Feira do Pan e do Cereal

A Feira inclúe un amplo programa que se inaugura ás 11:00 horas coa Exposición de Cereais Autóctonos e maquinaria de uso. O programa prosegue ás 11:30 horas, coa charla “O divorcio entre Agricultura e Biodiversidade” ofrecida polo profesor de Zooloxía de USC, Carlos Otero González. A continuación, Mª Ángeles Romero, directora da Cátedra do Pan e do Cereal do Campus Terra da USC, impartirá o relatorio “Falemos de pan”.

As actividades continúan ás 13:00 horas co Túnel do Pan e a degustación de diferentes variedades do produto. Entre as 14:00 e as 15:30 haberá un descanso para comer con polbeiro e acompañamento musical.

Ás 15:30 horas comezarán os eventos da tarde cun Obradoiro de pan. Trátase dun taller para todos os públicos no que os asistentes coñecerán paso a paso o proceso de elaboración do pan.

Seguidamente, ás 16:30 horas, será a quenda da charla impartida por Fernando Almeida, de Sementares S.L., baixo o título: “O cereal autóctono e pan galego con IXP”.

O programa da primeira edición da Feira do Pan e do Cereal péchase co Obradoiro de empanada tradicional que se imparte dende as 17:15 horas. Será, tamén, un taller pensado para todos os públicos onde os participantes se acheguen ao proceso de elaboración dunha empanada de millo.

As charlas e os obradoiros son de balde e con entrada libre ata completar aforo.

Post navigation

Previous: Compostela presenta as Festas da Ascensión 2023
Next: Ordenan a paralización da actividade na nave de Desproi en Costa Vella

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.