займ срочно

Ames debate sobre o Servizo de Axuda no Fogar

0

Ames, 25 de marzo do 2021 – O pleno ordinario de Ames debaterá esta tarde, entre outras cuestións, a licitación do servizo de axuda no fogar, SAF.

A sesión tratará así mesmo a aprobación do expediente de licitación do servizo de limpeza viaria e xestión dos puntos limpos e as alegacións, e aprobación definitiva, da ordenanza reguladora de terrazas.

 Modificación do contrato do servizo de axuda no fogar

O Pleno debaterá a aprobación do expediente de modificación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de SAF dependencia. A modificación será por importe de 336.845,69 euros para a ampliación de 850 horas mensuais. O Pleno aprobou o 25 de xuño de 2020 a adxudicación do contrato vixente que foi asinado o 22 de xullo dando inicio a prestación do servizo o 1 de agosto.

Limpeza e puntos limpos

A sesión de Ames debaterá a aprobación do expediente de contratación do servizo de limpeza viaria e xestión dos Puntos Limpos. O importe base de licitación ascende a 1.064.223,85 euros, o que supón un incremento económico de 336.607,95 euros respecto do anterior contrato. Este incremento débese a ampliación de zonas a atender.

O servizo incluirá a limpeza nas distintas prazas do concello, que actualmente estaban fóra do contrato e que as limpaba o persoal da Brigada municipal de obras, e mailas áreas de aparcamentos dos núcleos urbanos.

Tamén se inclúen diversas zonas do rural, especialmente aquelas nas que hai beirarrúas, destacando a limpeza de A Ponte Maceira (principal núcleo turístico de Ames) ou os tramos do Camiño de Santiago. Tamén se vai ampliar o horario de atención do Punto Limpo, de luns a sábado, de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Outra das novidades será o servizo do Punto limpo móbil, xa que se vai a proporcionar á veciñanza un servizo de recollida selectiva de residuos domésticos especiais que deben ser obxecto de xestión diferenciada, para a súa reciclaxe, valorización ou eliminación controlada. Este servizo realizarase de maneira prioritaria nas zonas rurais do municipio.

Ordenanza de terrazas

O pleno de Ames tratará tamén as alegacións e maila aprobación definitiva da ordenanza reguladora da ocupación do dominio público e espazos privados de uso público por terrazas e elementos vinculados á actividade comercial e hostalería con fins non festivos. No pleno do 29 de decembro de 2020 aprobouse se xeito provisional dita ordenanza e someteuse a exposición pública por prazo de 30 días hábiles a efecto de exame e alegacións.

Durante este período foron presentadas 3 alegacións: unha polo grupo municipal do Partido Popular; a segunda por Jorge López Pena, en representación da Xuntanza de Empresarios de Ames; e a terceira por David Dopazo Mella como membro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Aloxamento de Santiago. Examinadas as alegacións polo servizo municipal de urbanismo propúxose a desestimación das alegacións de David Dopazo Mella e a estimación parcial da alegación do grupo municipal popular e de Jorge López Penas, en representación da xuntanza de empresarios de Ames.

Pavimentación de accesos ao lugar de Ventosa

O proxecto de pavimentación de accesos no lugar de Ventosa está incluído no POS+ 2019, aprobado polo Pleno o 18 de decembro de 2018.  Unha vez remitido o expediente á Deputación Provincial da Coruña, o organismo provincial informou da necesidade de acreditar dende o punto de vista técnico que o proxecto cumpre os requirimentos do permiso de Patrimonio. Esta situación motivou a redacción dun proxecto modificado que dea cumprimento as esixencias da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. Dito proxecto, que non incrementa o orzamento (95.009,62 euros), terá que ser aprobado pola Corporación municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies