займ срочно

Ames cede a inspección do IAE á Deputación

0

Ames, 23 de marzo do 2021 – A Deputación da Coruña pasa  a sumir todas as competencias de Ames en materia de inspección de  Imposto de Actividades Económicas.

O deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, e o alcalde de Ames, José Miñones, asinaron un convenio a través do cal o ente provincial asume todas as funcións, atribucións e posibles procedementos sancionadores relacionados co IAE.

Deste xeito, correspóndelle á Unidade de Inspección da Deputación a instrución e resolución dos expedientes de inspección e sancionadores do IAE. Pola súa banda, o Concello debe ofrecer a súa colaboración no desempeño destas tarefas cun funcionario do cadro de persoal. Tamén poderá recadar os apoios externos que lle solicite a Deputación a través de empresas colaboradoras ou outras fórmulas que considere.

Según o o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira “Este acordo permitirá mellorar a xestión municipal, reducindo ademais a taxa que ten que aboar o Concello pola recadación líquida obtida na inspección”. Na actualidade, 82 concellos da provincia delegaron o imposto ao ente provincial.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, destaca que “con este convenio volvemos a poñer en valor o traballo conxunto e a colaboración entre administracións coa Deputación da Coruña, avanzando na mellora dos modelos de xestión tributaria, e conseguindo ademais a redución á metade da taxa que abona o Concello pola recadación derivada da inspección do IAE”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies