Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Piden un pleno extraordinario sobre a recollida de lixo en Ames

O BNG de Ames e Espazo Común veñen de solicitar un pleno extraordinario para tratar a recollida de lixo no concello
ames-bng-espazo-comun-peticion-pleno-slide-4-outubro-2023_r

Bisbarra, 4 de outubro do 2023 – O Bloque Nacionalista Galego en Ames e Espazo Común veñen de solicitar un pleno extraordinario para tratar a recollida de lixo no concello e a situación da Mancomunidade Serra do Barbanza.

Os solicitantes explican que a petición chega pola “ausencia de información e a necesidade de aclarar as xestións realizadas polo alcalde Blas García coa intención de adherir ao Concello de Ames á Mancomunidade Serra do Barbanza como membro de pleno dereito”.

O pasado mes de setembro finalizou o contrato entre a Mancomunidade e a empresa concesionaria da recollida do lixo (FCC). En consecuencia, o contrato permanece nunha situación de prórroga que preocupa aos traballadores e traballadoras da planta e as súa familias, ante a negativa de FCC a seguir prestando o servizo nas actuais condicións laborais e ambientais.

Escarlata Pampín e Luisa Feijoo, en representación de BNG e Espazo Común, presentaron a solicitude de Pleno Extraordinario no rexistro municipal de Ames, que deberá celebrarse neste mes de outubro.

O interese do Grupo Municipal BNG  pola Mancomunidade remóntase xa a varios mandatos nos que  sempre apostou por este modelo; neste senso,  as concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas participaron  nunha xuntanza  en Muros con representantes do BNG dos diferentes concellos pertencentes á Mancomunidade.

Post navigation

Previous: O narrador zamorano Don Guti trae a Santiago o seu “Cando Deus andaba polo mundo”
Next: Frades píde o traslado da doutora de Abellá farto das súas ausencias e actitude  

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.