Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

O POS adicional da Deputación suporá para Ames cerca dun millón de euros

O concello de Ames aprobou na Xunta de Goberno Local a solicitude para participar no Plan de Obras e Servizos adicional, POS +, previsto para este ano.
obras-ames-slide-12-xullo-2023-(3)_r

Bisbarra, 12 de xullo do 2023 – O concello de Ames aprobou na Xunta de Goberno Local a solicitude para participar no Plan de Obras e Servizos adicional, POS +, previsto para este ano.

Ames disporá de 943.884,10 euros que destinará a melloras nas cociñas dos comedores escolares e arranxo dunha vía urbana e pavimentación de distintos núcleos rurais. O total da aportación dos POS da Deputación en Ames ascenden con este adicional a 1.966.460,40 euros.

Proxectos do POS +

Continuando coas melloras e reparación de camiños e estradas municipais do rural contémplase a pavimentación de viarios no núcleo de Mourigade, na parroquia de Bugallido (176.217,04 euros); e maila pavimentación de viarios no núcleo de O Galiñeiro, na parroquia de Agrón (132.014,99 euros). Tamén se recolle a mellora da mobilidade na rúa Agrelo, en Bertamiráns (329.911,30).

Noutra liña completamente distinta á citada, nesta ocasión inclúese a adecuación dunha nave existente para a implantación dunha cociña central (299.929,16 euros), coa pretensión de darlle servizo aos comedores escolares de Ames.

O alcalde, Blas García, explica que “o POS + Adicional 2/2023 permítenos dispoñer de máis de 900.000 euros para sufragar catro novos proxectos, que ao estar incluídos no Plan complementario do POS+ 2023, xa foron aprobadas no pleno do Concello e da Deputación. Trátase de importantes proxectos porque inclúen obras de mellora da mobilidade e de arranxo de camiños municipais. Estes proxectos realizaranse no núcleo urbano de Bertamiráns e nas parroquias de Bugallido e Agrón. Ademais, inclúese un proxecto para habilitar unha nova cociña central para o servizo municipal de comedores escolares”.

Post navigation

Previous: A Rapa segue a loita dentro e fora do curro
Next: O Monte do Gozo acolle o Revenidas Miúdo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.