займ срочно

Ames organiza unha andaina saudable polo último tramo do Camiño Portugués

0

Ames, 30 de agosto do 2019 – As Concellarías de Sanidade e Turismo do Concello de Ames organizan o vindeiro venres, 6 de setembro, unha andaina saudable polo último tramo do Camiño Portugués.

Para participar nesta andaina é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do xoves 5 de setembro enviando un correo electrónico ao enderezo servizos_sociaisberta@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 981 890 964. A actividade, que é de balde, oférta 50 prazas e está pensada para maiores de doce anos.

Horarios

Saírase ás 18.00h dende a Casa da Cultura do Milladoiro. A chegada está prevista arredor das 19.30 á praza do Obradoiro. Haberá servizo gratuíto de autobús. Ás 17.30h achegará ás persoas que o desexen dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ata o punto de inicio da andaina, no Milladoiro. Ao remate da ruta, arredor das 20.45h traerá de volta aos participantes, pasando polo Milladoiro e por Bertamiráns.

Durante a ruta, que terá unha duración aproximada de hora e media, unha guía acompañará aos/ás participantes. Unha vez rematada a andaina, de 20.00 a 20.30 horas, está previsto que haxa unha actividade de mindfulness con Biodanza na praza do Obradoiro.

O Camiño

O Camiño Portugués, tras pasar polo Pazo do Faramello, Rúa de Francos e As Galanas, no concello de Teo, atravesa logo a parroquia amesá de Santa María de Biduído. Despois de discorrer por unha zona montesía, sobarda o alto da Grela e descende cara O Milladoiro. A última milla do Camiño Portugués discorre pola rúa do Porto, o monte de Agro dos Monteiros, desde onde se ven as torres da Catedral e baixa cara á Rocha Vella en terras de Compostela.

Programa SaúdeAndo

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa SaúdeAndo, a través do cal tamén se organizaron as andainas polo Rego da Andoriña en maio e pola ruta do Tambre no mes de xullo, así como as rutas urbanas con saída e chegada dende os centros de saúde de Bertamiráns e O Milladoiro que se desenvolven de marzo a decembro. O obxectivo desta actividade é animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies