O equipo alevín do Club de Béisbol Os Tilos – Teo proclamouse campión de Galicia este sábado ao superar aos dous equipos presentados por Trasnos de Vigo, Black e Gray, na xornada de volta celebrada no campo provisional da Cañoteira, en Cacheiras.
Teo, 29 de novembro do 2016 – Os máis pequenos da casa venceron aos Trasnos Gray por 8 carreiras a 0 e aos Trasnos Black por un marcador máis apertado de 11-9. Os alevíns teenses presentaron un equipo sólido e competitivo, a pesar das numerosas incorporacións de novos xogadores. Na xornada de ida, os pupilos de Max Contreras impuxéronse en Vigo por 12-8 e 13-1, respectivamente.
Ese mesmo día o equipo infantil (+12 anos) non puido repetir a xesta dos seus compañeiros sufrindo una unha dura derrota ante os de Vigo.
A xornada contou tamén con animación musical e “speaker” (narrador), ademais da tradicional cantina, e tivo unha gran asistencia de pais e afeccionados de ambos os clubs.