займ срочно

Alertan sobre a ameaza de destrución de probas relacionadas coa imputación do Director Xeral de Minas

0

Noia, 19 de abril do 2019 – O colectivo ContraMINAccion pide que se deixe traballar a xustiza, no proceso de imputación do Director Xeral de Minas, e alerta de que difundir novas sobre as investigacións da Fiscalía pode levar a intentos de destrución de probas.

A investigación parte dunha denuncia no ano 2017 do colectivo ecoloxista Verdegaia e son levadas a cabo polo Xulgado Penal de Noia. ContraMINAccion mostra a súa preocupación pola divulgación da fase actual das pesquisas e demanda que Xulgado e Institucións adopten as medidas necesarias para que non se poña en perigo a investigación penal en curso relativa, entre outros aspectos, aos danos ambientais causados polas minas de San Fins. Según o colectivo a publicación de filtracións só contribúe a que aumente aínda mais o risco de destrución de probas, antes de que se teñan adoptado medidas provisionais que o eviten eficazmente.

Máis alá da responsabilidade política

ContraMINAccion explica que, aínda que coinciden coa necesidade de esixir responsabilidades políticas e co dereito a información da cidadanía, existe o risco de “frivolización política no momento presente que só favorece aos responsábeis penais dos delitos que se investigan”. A petición de responsabilidades políticas “é unha mensaxe reducionista, que transmite a idea de que anos de presunta impunidade se poderían

explicar pola mera conduta dun político, sen participación dos funcionarios públicos nas respectivas áreas de actividade, omitíndose tamén ou quedando en segundo plano as primarias presuntas responsabilidades ambientais dos administradores das empresas mineiras”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies