займ срочно

Alertan do mal estado da Torre de Guimarei na Estrada

0

A Estrada, 9 de agosto do 2021 – O BNG da Estrada volveu a insistir no último pleno na necesidade de obrigar ao mantemento da Torre e Pazo de Guimarei.

A Torre de Guimarei é un dos elementos, xunto coa Ponte de Pontevea, que aparecen no escudo do concello. A torre é do século XII e o Pazo engadiuse no XVII. O conxunto aparece na lista vermella de patrimonio que elabora a Asociación Hispania Nostra.

A Torre de Guimarei está declarada Ben de Interés Cultural polo que é obrigado o seu coidado. Na actualidade o lugar está cheo de maleza e un cartaz advirte do perigo de derrumbes.

 No último pleno o BNG volveu a preguntar polas accións levadas a cabo polo goberno municipal para a súa preservación. O alcalde, José López, informou que os propietarios comunicaron que encargarán a unha empresa especializada un informe de necesidades do conxunto.

O Bloque critica que sexa un anuncio sen datas concretas e piden que si o actual propietario non realiza o mantemento de Guimarei se cursen as denuncias necesarias.

Inclusión no patrimonio municipal

Os nacionalistas insistiron na sesión plenaria na necesidade de ser “máis ambiciosos” con respecto ao conxunto de Guimarei. Apostan pola inclusión destes elementos no patrimonio público do concello para a súa posta en valor posterior. Se se acometen as melloras necesarias, a Torre e o Pazo de Guimarei “ten todas as posibilidades de converterse nun dos mellores referentes turísticos do noso concello, mais o seu actual de abandono e deterioro deixa en moi mal lugar á Estrada e ao seu goberno”.

Desde o BNG piden que o concello busque financiamento en varias administracións públicas, deputación, Xunta e mesmo o Estado, para que a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a patrimonio público do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies