займ срочно

Alegan contra os orzamentos do Pino por vulnerar o ordenamento xurídico

0

O Pino, 21 de xaneiro do 2021 – O Psoe do Pino anuncia que presentará alegacións aos orzamentos municipais por vulnerar o ordenamento xurídico.

Casa do concello do Pino

A postura do Psoe xa foi avanzada no último pleno do Pino. Na sesión os orzamentos recibiron seis votos a favor do Partido Popular, dúas abstencións de BNG  e 3 votos en contra dos socialistas polo que agora están en fase de exposición pública.  

O voceiro socialista, Oscar Vilar, denuncia o escaso marxe de tempo co que contaron para estudar o expediente ”apenas tivemos 48 horas para unha revisión inicial, e iso que estamos a falar do asunto máis importante que se trata, ou se debería tratar, en calquera concello cada ano. Por responsabilidade e pola función de control que nos corresponde era, e segue sendo, máis que suficiente este motivo para xustificar o noso voto en contra”.

Agora, unha vez revisado e estudado o documento, consideran que o Orzamento do exercicio 2021 do Pino contén defectos de forma, está incompleto, e, que incluso podería estar a vulnerar o ordenamento xurídico no referente ao cadro de persoal e no anexo relacionado coas subvencións nominativas.

Así mesmo, tamén denuncian que o apartado de investimentos reais está incompleto ao non indicar os proxectos de inversión que se prevén realizar durante este exercicio económico, “en contra do que indica e ordena a Lei Reguladora das Facendas Locais”, apuntan.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies