займ срочно

Aldea Viva critica a participación da Xunta nunha xornada organizada pola Cámara oficial mineira

0

Touro, 17 de marzo do 2018 – A asociación Aldea Viva volve a poñer o foco na actuación da Xunta que participa en Compostela nunha xornada sobre a rehabilitación de espazos mineiros organizada pola Cámara Oficial Mineira.

Aldea Viva explica que a Cámara apoia sen ningún xénero de dúbida o proxecto de Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino. O colectivo recorda que falar de “garantías para a rehabilitación de espazos mineiros” tendo en conta a situación actual das canles fluviais na zona de Touro e o pasado tanto de Atalaya Mining como de Explotaciones Gallegas é “pouco menos que unha quimera”.

Segundo os datos das análises de augas procedentes do río Portapego e o regato de Puxeiras realizadas o mes de novembro pasado pola Laboratorio de Enxeñaría Química da Universidade da Coruña aos que puido acceder a asociación Aldea Viva, a situación de partida en Touro é absolutamente insostible. As augas do río Portapego, por exemplo, amosan un pH hiperácido 1.000 veces superior ao mínimo recomendable, con altos niveis de níquel (Ni, máis de 7 veces por riba da media permitida), zinc (Zn), cobre (Cu), alumnio (Al), manganeso (Mn) e ferro (Fe), sobrepasando nestes últimos dous casos en 20 e 1.000 veces respectivamente as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) así coma os criterios sanitarios para un auga que poida ter a consideración de apta para o consumo. No caso do regato de Pucheiras á situación é igualmente lamentable, cunha mobilización de cobre (Cu) que se atopa 6 veces por riba da media anual fixada polas normas de calidade ambiental, con presenza de importantes cantidades de zinc (Zn) e níquel (Ni), é tamén con valores moi altos de outros metais como o aluminio (Al), o ferro (Fe) e o manganeso (Mn), que superan amplamente as recomendacións da OMS e os criterios sanitarios para a auga potable.

Río Portapego

Para Aldea Viva con estes datos “falar de minería responsable tanto por parte da Cámara Oficial Mineira como do actual Goberno da Xunta de Galicia non deixa de ser un lamentable eufemismo sobre unha realidade actual que nada ten que ver coas promesas que se plantexan en proxectos e normativas feitas ‘ad hoc’, pensadas únicamente para primar en último termo os beneficios económicos das empresas do sector extractivo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies