займ срочно

Alcaldes. Antonio Pereiro, Tordoia

0

Cando Antonio Pereiro Liñares finou en febreiro do 2019 ninguén contaba co que o seu fillo fora o seguinte alcalde. O que fora rexedor desde 1999 era sustituido por Inés Santos, que dirixiu o concello ata as pasadas eleccións.

Cando chegou o momento de confeccionar as listas electorais a agrupación local acordou, por unanimidade, que Antonio Pereiro optara a sustituir ao seu pai, o que conseguiu con 7 concelleiros fronte a 2 do Psoe, 1 do BNG e 1 de Espazo Común.   

O novo rexedor é moi consciente do concello que dirixe. Ven da banca que, xunto co da hostalería, é un dos mellores para coñecer como é un pobo. Antonio Pereiro comeza contándonos unha anécdota persoal para por en valor a situación estratéxica do municipio

Esa oportunidade da que o alcalde fala precisa da implicación de todas as administracións. Pereiro pon o acento na conectividade como motor do futuro máis inmediato

O contexto suxire un punto e aparte para Tordoia. Un novo rexedor, unha nova lexislatura e un mundo novo derivado da crise sanitaria e económica. Para Antonio Pereiro esta situación pode ser unha oportunidade e destaca que, ademais, parten cunha moi base que é o Plan Xeral de Ordenación

Como outros concellos do rural a crise sanitaria do Covid foi ben xestionada grazas, en boa medida, ao coñecemento da poboación e a dispersión natural. Si durante o confinamento os casos foron anecdóticos en esta segunda onda pasouse por un pico que a estas alturas está xa controlado

hábitos producidos pola pandemia poden servir para o crecemento do municipio. O alcalde recoñece que a industria do concello, na maior parte, non saíu mal parada da crise e seguiu traballando. Agora a ubicación de Tordoia pode ser un punto de partida para a instalación de novas empresas

 Outras das necesidades en concellos do rural é o transporte. Antonio Pereira ten que buscar cambios nun plan que foi negociado no pasado e, na actualidade, negocia coa Xunta certos aspectos que non lle convencen

rematamos falando de patrimonio. O dolmen de Cabaleiros ou Pedra Longa, da que falabamos hai uns días, forman parte do traballo de promoción de Tordoia que o equipo do alcalde está levando a cabo. Un novo Camiño de Santiago ou a Vía Verde entre Cerceda e Santiago son as apostas de futuro do concello

Antonio Pereiro pon no seu falar toda a paixón de quen acaba de chegar. Coñece ben o concello no que viviu sempre, algo que se nota ao longo da conversa. O reto de sustituir a Antonio Pereiro Liñares, que fora alcalde durante os últimos dez anos ademais do seu proxenitor, o ten superado con nota. Quédalle agora o de saír dun momento tan complexo como o que vivimos pero polo que se ve o ten ben encamiñado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies