займ срочно

A Asemblea de Investigadoras de Compostela, AIC, denuncia retrasos nas convocatoria de axudas

0

Compostela, 19 de xullo do 2017 – A Asemblea de Investigadoras de Compostela denuncia os retrasos na convocatoria das Axudas Predoutorais e consideran que se trata dunha estratexia da propia Xunta de Galicia.

A Asemblea de Investigadoras de Compostela, AIC, asociación que agrupa máis de 200 investigadoras e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela no seu Campus de Compostela, denuncia os continuos retrasos que se están a producir na convocatoria das Axudas de apoio á etapa predoutoral por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Estas axudas son de vital importancia para poder desenvolver estudos de doutoramento e fomentar a carreira investigadora dos investigadores noveis. Dende o ano 2013 véñense producindo retrasos de máis de tres meses na convocatoria, cuxa sucesiva acumulación provocou que no ano 2015 estas Axudas predoutorais non chegaran a convocarse. Deste xeito, unhas axudas a contratos de carácter anual están sendo convocadas, porén, cada 15 meses, feito que prexudica enormemente ás persoas que dependen destas axudas para continuar os seus estudos de doutoramento. No caso do 2017 foron convocadas o 9 de xuño, é dicir, despois de quince meses e medio en relación ás do 2016, en lugar dos doce meses que corresponden.

Dende a AIC denuncian que a situación non é casual, senón que responde á estratexia da Xunta de Galicia para recortar recursos ao ensino e á investigación, nunha estratexia de aforro onde investimentos fundamentais para o desenvolvemento económico de Galiza (como son os de investigación) rematan por non empregarse.

AIC di tamén que esta situación fomenta o abandono de moitas persoas que inician os seus estudos de doutoramento e tamén a súa precariedade, xa que nalgúns casos teñen que agardar un ano sen ningún tipo de recurso antes de poder sequera optar ás Axudas de apoio á etapa predoutoral debido aos continuos retrasos e aos erros de calendario que sistematicamente prexudican ás investigadoras e investigadores predoutorais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies