займ срочно

AECA, a Asociación de empresarios de Arzúa, ameaza cos tribunais aos opositores a mina en Touro O Pino

0

Arzúa, 28 de xuño do 2018 – A incorporación de Cobre San Rafael a AECA , a Asociación de empresarios de Arzúa, ven de motivar non poucas críticas nas redes sociais. Ditas críticas levaron a Asociación a enviar cartas a varias persoas ameazando con levalas aos tribunais se non as retiraban.

Todo comezou cando a páxina de Facebook de Radio Arzúa publicaba unha nova, con imaxe incluída, na que informaba de que Cobre San Rafael entraba como socio en AECA. As críticas no se fixeron esperar por parte de varios usuarios que recriminaban o protagonismo que se lle daba a unha empresa que nin siquera tiña permisos para a explotación e contra a que unha gran parte da sociedade estaba en contra. Ditas críticas foron o detonante para que a Asociación remitira varias cartas certificadas aos veciños ameazando con accións xudiciais “incluso de orden penal” se non retiraban os comentarios.

Unha das persoas ameazadas foi Óscar Vilar, concelleiro socialista en O Pino. Vilar, en resposta a distintas cuestións previas, escribía que para a Asociación “só interesa o compromiso co bolsillo”. O concelleiro explica que dito comentario referíase a que en pleno século XXI prima a economía por riba de outras cuestións como o respecto ao medio ambiente. O socialista considera que todo o debate entra dentro da dialéctica política e que en ningún caso poden considerarse os comentarios ofensivos xa que entran dentro da liberdade de expresión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies