займ срочно

Ordes rende homenaxe a boa tempada do A.C. Órdenes

0

Ordes, 4 de xuño do 2017. O alcalde e a concelleira de Deportes de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, presidiron a recepción ofrecida ao equipo júnior de hóckey A.C. Órdenes.

O acto tivo lugar no salón de plenos onde ambos representantes estiveron flanqueados por Fran Martínez e Chus García, capitán e presidenta do A.C. Órdenes, ademais do resto de adestradores e demais xogadores. Tampouco faltaron familiares, amigos e afeccionados que, coa súa presenza, quixeron brindarlle unha vez máis o seu apoio a quenes esta tempada levan acadado o terceiro posto no Campionato de España e os de campións do Sector Norte, na liga galega e na fase regular da liga júnior autonómica.

Ao longo das numerosas intervencións a palabra loita non deixou de soar. Martínez Sanjurjo arengou a todas e todos a “seguir loitando para continuar sumando éxitos e resultados deportivos, pero tamén para sacar adiante os proxectos federativos que quedan pendentes”. Un obxectivo “que apoiaremos dende a nosa administración”, asegurou. O alcalde tamén destacou “o papel da afección e os valores que representa o club A.C. Órdenes como embaixadores do nome de Ordes alá por onde van”, e agradeceu persoalmente “o trato que sempre se nos brindou cada vez que asistimos a algún partido ou competición, como por exemplo cando acudimos a Asturias e nos sentastes na vosa mesa para xantar xuntos”. Por último expresou o seu desexo de que “o equipo siga adiante e sexa un referente, sobre todo, para a canteira que ven detrás”.

Nova quenda

César Gómez e Marcos Rey, coordinador e adestrador do A.C. Órdenes tamén tiveron palabras de agradecemento e de ánimo tanto para o equipo como para os xogadores que están a piques de emprender unha nova etapa. Un desexo especialmente dirixido aos integrantes que teñen xa fichado por equipos como o Alcobendas. Outro dos que se animou a coller o micrófono foi José Luis Huelves, histórico e laureado xogador que a día de hoxe exerce como adestrador de porteiros no club ordense. Huelves destacou tamén lles desexou sorte “ a quenes van xogar noutros clubs” e sinalou “o alto nivel deste conxunto” ao que lle agradeceu “as satisfacións vividas no eido deportivo e persoal”.

Como sinal de agradecemento polo apoio institucional brindado, aspecto resaltado pola presidenta Chus García, tanto a concelleira como o alcalde foron agasallados cunha camiseta persoalizada do club. No caso deste último co número 9, o mesmo que empregaba nas competicións durante a súa etapa como xogador de baloncesto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies