займ срочно

ABANCA e o GDR Terras de Compostela asinan un convenio de colaboración

0

Bisbarra, 20 de xuño do 2019 – ABANCA e o GDR Terras de Compostela asinaron este mércores un convenio de colaboración co obxectivo de mellorar a competitividade do pequeno comercio.

O presidente do de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, Carlos Martínez Carrillo, e o director de zona de ABANCA en Ordes/Arzúa, Alberto Varela Reiriz, rubricaron o acordo. O novo documento pon o acento na reactivación económica por medio do crédito, unha peza básica para acadar a posta en marcha de novos negocios. Os beneficiarios de `proxectos vinculados ao GDR accederán a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario ou avais.

Convenio ABANCA Terras de CompostelaDo mesmo xeito, o convenio inclúe unha oferta especifica para os proxectos agrogandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de comercio exterior, desconto comercial, confirming, etc.

Os membros vinculados ao GDR optarán igualmente ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A entidade tamén porá a disposición de todos os interesados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Ademais, desde as oficinas de ABANCA, facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través dos convenios oficias que o banco ten subscritos  con diversos organismos públicos.

Convenio ABANCA Terras de CompostelaO GDR Terras de Compostela constituíuse en 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación. Agrupa os intereses de empresas desta comarca coruñesa, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de servizos e industriais, entre outros. Doutra banda, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies