Compostela, 18 de maio do 2021 – Compostela recupera a Zona C para a cidade como contedor e escaparate da oferta cultural da cidade.
Situada na antiga casa consistorial, na Praza de Cervantes, acollera exposicións e concertos pero tamén servirá para a venda de entradas dos espectáculos da cidade.
A vangarda dentro da tradición
A Zona C marcou unha etapa na cultura de Compostela, ao carón do Museo do Pobo Galego acolleu exposicións, performance, concertos e unha programación contemporánea e estable que tivo que pechar.
A ampliación do Museo, coa remodelación da Ala Sur, era algo necesario desde hai tempo pero na parte negativa tiña esa desaparación da Zona C.
Agora o concello de Santiago recupera o contedor cultural e dalle unha nova vida na que fora a antiga casa consistorial, no número 1 do Preguntoiro, nunha esquina da Praza de Cervantes. O edificio xa fora usado como oficina de rehabilitación durante un tempo e acollera tamén as oficina da última edición do Curtas, o festival de curtametraxes da cidade.
Este Día das Letras Galegas ábriuse cunha exposición sobre Xela Arias e será o comezo dunha nova etapa como nos explicaba a concelleira de acción cultural Mercedes Rosón
O edificio e algo máis grande que a Casa do Cabido, lugar de exposicións na Praza de Praterías, pero en certo modo lémbranos a aquel, cuns chanzos polos que un vai subindo de estancia en estancia
A nova Zona C será algo máis que unha sala de exposicións ou concertos. Xaquín lópez xerente do Auditorio explica que se quere centralizar alí a venda de entradas, un xeito de ter un contacto máis directo e amable co público
Compostela recupera un contedor cultural nun sitio sinalado da cidade como foi o antigo concello e situado en plena Paraza de Cervantes, benvida a nova Zona C.