займ срочно

A Xunta rectifica e cambiará os horarios do transporte no Pino

0

O Pino, 14 de xaneiro do 2021 – Tras as queixas de numerosos usuarios polos retrasos do transporte metropolitano, a Xunta anuncia que cambiará os horarios no concello do Pino.

O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta na Coruña, José Antonio Álvarez Vidal, comunicoulle ao alcalde do Pino, que se modificaran os horarios do transporte. As liñas que cobren o traxecto O Pino Santiago adaptaranse aos horarios de entrada e saída da ensinanza secundaria.

A Xunta vai modificar o horario do autobús de primeira hora cara a Santiago, adiantando uns 15 minutos o seu paso polas paradas no Pino (de Arca sairá ás 08.15 horas), para chegar a capital de Galicia sobre as 08.45. Deste xeito o alumnado poderá chegar a tempo ás clases sen ter que esperar unha hora, como pasa actualmente. O autobús que parte de Santiago ao mediodía vai retrasar a súa saída uns 10 minutos (partirá da estación de autobuses ás 14.40 horas), para que ao alumnado lle dea tempo de rematar as clases e poida chegar a xantar sobre as tres da tarde.

O alcalde, Manuel Taboada, solicitara o luns unha reunión urxente co director xeral de Mobilidade despois de que se coñeceran as queixas de estudantes que chegaban con retraso a Santiago.

Na reunión José Antonio Álvarez Vidal explicoulle a Manuel Taboada que os novos horarios entrarán en vigor o 25 de xaneiro. Esta demora débese a que é necesario modificar toda a programación dos horarios dos autobuses na aplicación informática.

O alcalde do Pino agradeceulle ao representante da Xunta a axilidade para arranxar este problema, ocasionado pola nova adxudicación da concesión de transportes de viaxeiros por estrada que entrou en vigor o pasado 23 de decembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies