Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Plataforma Mina Touro O Pino NON presenta novas queixas ante as administracións

aldea-viva-augas-de-galicia-contaminacion-slide-16-agosto-2018_r

Bisbarra, 15 de setembro do 2018 – A Plataforma Mina Touro O Pino NON ven de presentar distintas queixas e peticións relativas ao funcionamento das administracións.

A Plataforma Mina Touro O Pino NON reclama en primeiro lugar que se publiquen nas páxinas web correspondentes a “información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica e orzamentaria que se refiren ás retribucións percibidas anualmente polos altos cargos e máximos responsables das entidades, as indemnizacións percibidas e, no seu caso, con ocasión do abandono do cargo” tal como obriga a lei de transparencia e bo goberno.

En segundo queixa o colectivo presentou queixas ante Saúde Pública, concellos, Seprona e Consellería de Medio Ambiente solicitando análises das augas de consumo humano en todas as captacións, en depuradora e en saída en billa. Solicitan así mesmo que os resultados de ditas analíticas se publiquen nas páxinas web de cada un dos concellos coa periodicidade coa que se realicen, se manteñan os libros de rexistro de queixas por malos olores ó día nos Concellos afectados e se tramiten as mesmas no prazo máximo dunha hora e o establecemento dunha estación móvil de medición de calidade do aire con carácter permanente nas zonas onde diariamente os veciños e veciñas veñen sufrindo estes cheiros e que nada teñen que ver, por suposto, coa actividade agraria.

Finalmente a Plataforma quere coñecer os informes que, según os medios de comunicación, a empresa promotora do proxecto mineiro presentou recentemente ante a administración como resposta as alegacións. Os veciños lembran que presentaron en prazo as alegacións pertinentes sen ter recibido ningunha resposta sobre as mesmas. Solicitan que se fagan públicos e se poñan a disposición de todas as persoas que se persoaron ou se queiran persoar no procedemento en tanto non recaia resolución definitiva, así como do traslado da resposta ás alegacións emitidas pola promotora.

Post navigation

Previous: Toysal converte o proxecto da planta de residuos de Calo nunha restauración
Next: O BNG abandona o pleno de Frades polo bloqueo da secretaria á entrega de documentación

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.