займ срочно

A futura EDAR de Compostela non estará no Souto

0

Compostela, 6 de setembro do 2018 – O Ministerio de Transición Ecolóxica desbota definitivamente a localización do Souto para a futura EDAR.

O Ministerio asume de este xeito o compromiso de viabilizar a localización alternativa da Silvouta, pechando definitivamente a porta a do Souto. O confirmou o director xeral da Auga, Manuel Menéndez, na reunión que mantivo en Madrid co alcalde, Martiño Noriega, e co concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

O alcalde explicou ao remate da xuntanza que “o Ministerio non vai impoñer unha localización que foi desbotada por acordo do Pleno da Corporación, e a partir de agora todas as enerxías concentraranse en viabilizar a opción da Silvouta. O Concello e a Dirección Xeral de Augas traballarán no intercambio de información para elaborar un documento ambiental inicial, o primeiro paso para que a nova EDAR de Santiago se constrúa na mesma localización que a actual depuradora da Silvouta”.

O alcalde enadiu que unha vez tomada esta decisión éntrase no tempo do traballo técnico que arranxe o problema canto antes. O director xeral da Auga tamén se mostrou disposto a tramitar o estudo de impacto ambiental simplificado, tal e como viña defendendo o Goberno local. A maiores, confirmouse que o prazo para a xustificación dos fondos europeos remata a finais de 2023. O alcalde reiterou que, en todo caso, “a comparativa de prezos analizada na reunión volve demostrar que a da Silvouta é unha mellor opción dende o punto de vista económico, pero, sobre todo, éo desde o punto de vista do impacto ambiental”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies