займ срочно

A Festa da Troita contará cunha programación alternativa

0

Oroso, 27 de abril do 2021 – O concello de Oroso celebrará proximamente a Festa da Troita que contará cunha programación alternativa debido a crise sanitaria.

Oroso non contempla a posibilidade de celebrar a tradicional degustación que reunía a milleiros de persoas. O concello sitúa a vista no 2022 para volver a unha edición normal.

Imaxe de arquivo

A música como protagonista

A programación preparada para a Festa da Troita de Oroso ten como protagonista á música. Comeza o venres sete cunha actuación con aire de nostalxia, a Gramola Ye Ye, un “guateque musical”.

O sábado 8 comeza coas actuacións da Escola de Música Musical. A ESMU programa dúas citas as doce, con música e movemento, e as doce e media xa cos combos acústicos. Xa pola tarde, a partir das sete, terá lugar un concerto de Broken Peach.

O domingo terá un tanto de lembranza xa que pola mañá proxectarase un vídeo da Festa da Troita.  Trátase de non esquecer as celebracións anuais que este ano non poden ter lugar.

Xa pola tarde os cativos terán o seu momento ás cinco, co concerto espectáculo Punk infantil, e as sete todo o mundo cos Lakazáns.

Desde o concello pregan á veciñanza que durante a celebración cumpra estritamente con todos os protocolos sanitarios vixentes, co fin de garantir unha Troita 2021 segura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies