займ срочно

A Feira do Cocido pechou en Compostela a xira de presentación da 51º edición

0

Lalín, 18 de febreiro do 2019 – O 24 de este mes terá lugar a 51 Feira do Cocido de Lalín que o pasado sábado pechaba a xira de presentación por Galicia.

A Feira do Cocido ven de percorrer as prazas de abastos da comunidade mostrando que sigue, despois de tanto tempo, máis viva que nunca. Atrás quedaron desfiles con garotas e inventos alleos a Galicia, a festa comezou un camiño de renovación nos últimos anos do que falabamos con Rafa Cuiña, alcalde da vila

Durante anos o cocido foi prato de xente maior, con unha inmerecida fama de comida pouco san, algo que cambiou nos últimos tempos o que ara o alcalde é un signo de madurez

Unha Feira de xira

A visita as prazas de abastos de Pontevedra, Vilagarcía, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago, onde rematou o sábado, foi todo un éxito. Como xa sucedera nas outras vilas o posto instalado no mercado compostelán estivo completamente ateigado pola presenza constante de santiagueses e turistas que non quixeron pasar a oportunidade de disfrutar do Cocido de Lalín. As máis de 200 tapas baseadas no cocido de Lalín foron elaboradas polo cociñeiro Diego López “Moli” e rematáronse en pouco tempo. O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, acudiu ao acto acompañado do concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, aproveitando ambos para convidar a todos e todas as santiaguesas a visitar Lalín o vindeiro 24 de Febreiro no día grande da Feira do Cocido.

Un mes de cocido

Todo o mes Lalín disfruta do mes do cocido con 42 empresas participantes entre entre restaurantes e establecementos gastronómicos. O 24 será o día grande coa 51º edición da Feira e o pregón do xornalista Xabier Fortes. Instalarase, desde o día anterior,  unha gran carpa con exhibicións e venda de produtos gastronómicos é o 23 haberá cantos de taberna as sete da tarde, concerto da Banda de Música de Lalín as oito e media e tirada de fogos de artificio as doce da noite.

O domingo será, ademais do día grande da Feira, a data elixida para o concerto de Xabier Díaz e Adulfeiras de Salitre, a partir das 8 da tarde na Praza da Igrexa.A festa continuará en marzo co Titirentroido, actuación de Scene Ballet, concerto da Orquestra de Corda de Lalín e un non parar de actividades que tedes na web do cocido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies