Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín
  • Xeral

O parque eólico Pico Seco, en Lalín, tamén paralizado cautelarmente

O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Pico Seco en Lalín tras a demanda presentada pola Asociación para  Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA.
smacap_Bright

smacap_Bright

Bisbarra, 10 de abril do 2024 – O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Pico Seco en Lalín tras a demanda presentada pola Asociación para  Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA.

Ao tempo que o presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, explicaba no Parlamento que o seu futuro goberno so autorizará os proxectos que protexan o medio ambiente o TSXG daba de novo a razón a adega  e paralizaba un novo proxecto eólico.

A Dirección Xeral de Planificación Enerxética dera autorización a o proxecto Pico Seco en abril do 2023. Agora o TSXG  anula esta autorización xa que que “a instalación de aeroxeradores no espazo físico natural produce un impacto negativo sobre o medio ambiente, que se estende tanto ao propio ambiente, como sobre a paisaxe e o territorio”.

O Tribunal considera que os danos poden ser irreversibles e pon en dúbida a veracidade da Declaración de Impacto Ambiental en relación á avaliación do impacto sinérxico de todos os parques eólicos e outras infraestruturas que conflúen na zona de implantación.

 ADEGA explica que, en aplicación do periculum in mora, o TSXG apela ao principio de precaución do Dereito Comunitario que impón actuar con vixilancia, xa que en caso de permitir a execución do proxecto e logo estimarse o recurso, “habería que desfacer o dano á costa do erario público, ademais de prexudicar á promotora e ter danado sen remedio o medio ambiente”.

Afección a especies vulnerábeis e posible fragmentación irregular

O polígono eólico Pico Seco prevé a instalación de 7 aeroxeradores de 180 metros de altura a carón da área de Rede Natura de Zobra e Serra do Candán, poñendo en risco a conectividade ecolóxica entre os ecosistemas desta área e outros espazos próximos como Pena Veidosa e Serra do Cando, e facendo practicamente imposible a circulación das especies que quedarían enclaustradas entre parques eólicos sen poder entrar e sen poder saír.

ADEGA sinala prexuízos irreversíbeis para varias especies vulnerables, destacando a presenza da tartaraña cincenta (Circus pygargus), e tamén danos sobre as poboacións de lobo, pois afecta directamente a zonas de encame e puntos de encontro desta especie. Especialmente significativo é o dano que este parque eólico causará ao camiño vello dos arrieiros e ao conxunto etnográfico do “Foxo do Cabrito” que foi unha antiga parada de arrieiros. Tamén impacta sobre o castro de Zacarade.

Por outra banda, ADEGA argumenta a existencia de fraude de lei pola fragmentación artificial dun macroproxecto eólico conformado por Pico Seco e Valdepereira, ambos complexos promovidos pola mesma empresa a poucos metros un do outro e con infraestruturas compartidas.

Post navigation

Previous: Brión demanda a Deputación melloras nas estradas do concello
Next: Conversa con Luís Avilés Baquero, director de +Cuñados

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.