Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Lalín
  • Xeral

A malla tradicional volverá a Doade en agosto

xa se coñecen algunhas das actividades da Malla Tradicional de Doade que desde o ano pasado é Festa de Interese Turístico de Galicia.
doade-malla-tradicional-slide-11-xullo-2023_r

Bisbarra, 12 de xullo do 2023 – Aínda que a presentación oficial será a primeiros de agosto xa se coñecen algunhas das actividades da Malla Tradicional de Doade que desde o ano pasado é Festa de Interese Turístico de Galicia.

Esta ano a Malla tradicional chegará á XXIV edición e complementarase co noveno Serán da malla. Celebrarase ao carón dun dos museos etnográficos máis importantes de Galicia, a Casa do Patrón, impulsada polo xerente e creador, Manolo Blanco. Que segue recuperando pezas e ampliando a exposición.

Blanco lembraba nun escrito como comezou a Malla Tradicional “Ningún dos compoñentes daquel reducido grupo de veciños de Codeseda, a miña aldea, cando nos reunimos para acender un dos motores de mallar poderiamos imaxinar no mellor dos soños que esta humilde iniciativa, destinada a tan só a rememorar a vida dos nosos devanceiros, se convertería grazas a nosa constancia e ilusión, xunto coa colaboración desinteresada de tanta xente, na gran malla da Terra Galega”.

Este ano a Malla Tradicional terá lugar o 19 de agosto. Comezará cunha mostra de artesanía e pintura as once de mañá para ás doce iniciar a Malla Tradicional co carrexo de mollos e os distintos tipos de malla: á pedra, con males… Tamén entregarase o premio ao mellor vestido de época.

Tras o Xantar Popular a partir das dúas da tarde comezará o noveno serán da Malla con distintos grupos folclóricos. Unha xornada que rematará a partir das sete da tarde co concerto de Cantos da Terra de o Salnés.

Post navigation

Previous: Non se ofrenda…
Next: Esta fin de semana A Casa de Rosalía Abre a Fiestra

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.