Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín
  • Xeral

Máis de seis millóns de euros para mellorar o saneamento urbano de Lalín

A Xunta de Galicia ven de adxudicar por seis coma dous millóns de euros a mellora do saneamento urbano de Lalín.
xunta-galicia-lalin-saneamento-slide-normal-18-outubro-2022_r

Bisbarra, 18 de outubro do 2022 – A Xunta de Galicia ven de adxudicar por seis coma dous millóns de euros a mellora do saneamento urbano de Lalín.

A reforma incluirá o reforzo da capacidade dos colectores e un novo tanque de tormentas. O prazo de execución é de 12 meses. A previsión é comezar os traballos no actual saneamento antes de rematar o ano para que estea reformado a finais do 2023.

Nucleo urbano de Lalín

O proxecto contempla a execución de catro treitos principais. Dous nas marxes do río Pontiñas, un que recollerá as augas residuais da zona sur e as conducirá ao tanque de tormentas e outro colector que recollerá as augas da rede de saneamento da parroquia de Donramiro.

 O tanque de tormentas terá unha capacidade de 5.000 m³, o que permitirá a retención das augas pluviais, evitando verter ao medio, e disporá dun alivio e dunha condución de baleirado, que funcionará por gravidade e se conectará á rede actual, conducindo o caudal ata a depuradora de Lalín. 

Para ese baleirado instalarase unha válvula que limitará o caudal máximo de entrada na depuradora. AS obras teran en conta o caudal futuro tras a ampliación da planta de tratamento, que será obxecto dun proxecto independente.

As obras inclúen un sistema de desodorización innovador que evitará molestias na contorna do tanque de tormentas. A intervención prevé a integración paisaxística mediante unha plantación de árbores autóctonas na contorna, que contribuirán a manter este espazo de uso a carón do río Pontiñas.

Tamén se aproveitará a superficie de formigón do tanque de tormentas para desenvolver o ‘Parque do cocido’, un espazo de ocio infantil con elementos de xogo inspirados neste emblema da vila, de acordo cunha iniciativa promovida polo Concello desde hai tempo.

Nesta contorna crearase unha zona de xogos con tiroliña; un túnel de rede con forma de chourizo; unha gaiola de rede tamén con forma de porco no que os nenos poderán practicar diferentes actividades no seu interior: xogos de pelota, labirinto, paredes trepadoras, redes, tobogán.

As obras contarán co cofinanciamento da Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014/2020.

Post navigation

Previous: A Deputación reúnese co empresariado de Melide
Next: Reclaman que se actualicen os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.