займ срочно

A Feira de Antigüidades de Compostela chega a oitava edición

0

Compostela, 20 de maio do 2021 – Tras un ano sen celebrarse volve a Compostela unha das citas habituais no calendario de Feiras do Palacio de Congresos, a de Antigüidades.

A concelleira Mercedes Rosón e os responsables do evento, Ángel Moix e Marycruz Madrid, deron conta en rolda de prensa dos detalles desta edición que se celebra desde este venres 21 ao domingo 23.

Xoias, xoguetes, mobles e pezas de todo tipo poderanse ver e comprar en esta edición, a número oito..En total serán 40 expositores chegados de distintas partes de España, que estarán no Pazo de Congresos o venres de 17 h a 21 h, e o sábado e o domingo en horario de 11 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21h.

Mercedes Rosón invitou a composteláns e visitantes a non deixar pasar esta oportunidade e agradeceu aos organizadores que tiveran pensado en Santiago para celebrar esta oitava edición da Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, que volve tralo parón imposto pola pandemia.

A feira contará con todas as medidas de seguridade ditadas pola autoridade competente: haberá control de accesos, de aforo, e de temperatura aos asistentes, e garantirase o cumprimento das distancias indicadas en todo momento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies