займ срочно

A Estrada organiza o ciclo “Un cómico na aldea”

0

Bisbarra, 19 de setembro do 2022 – Representacións teatrais, monólogos, espectáculos de maxia ou roteiros literarios en 38 parroquias conforman o ciclo “Un cómico na aldea” que comeza esta semana na Estrada.

 

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou este ciclo que se retoma despois de dous anos de parón pola pandemia. “Un cómico na aldea” inclúe 40 eventos espallados pola meirande parte de parroquias estradenses. 

Constenla explica que “Levamos tempo achegando parte da nosa programación cultural ao rural e este ano farémolo con máis forza ca nunca da man desta iniciativa especial e ilusionante, con eventos para todos os públicos e cun importante protagonismo dos artistas estradenses, para conseguir que sexa partícipe das actividades que estamos a impulsar desde o Concello a maior cantidade da veciñanza posible”.

O edil de Cultura tamén engadiu que coa elección do nome “Un cómico na aldea” para denominar a este novo conxunto de actividades culturais preténdese homenaxear o 30 aniversario da publicación do libro “Un médico na aldea”, do autor estradense Manuel Reimóndez Portela. 

As primeiras actuacións terán lugar durante a fin de semana do 24 e 25 de setembro con funcións nas parroquias de Orazo -dentro da súa mostra de teatro afeccionado-, Santeles e Riobó, e extenderase ata marzo do 2023. 

“Un cómico na aldea” celebrarase nas escolas e locais sociaisde  San Andrés de Vea, San Xurxo de Vea, San Xulián de Vea, San Xiao de Vea, Cora, Couso, San Miguel de Barcala, Frades, Toedo, Santeles, Matalobos, Paradela, Arnois, San Miguel de Castro, Oca, Loimil, Riobó, Berres, Moreira,

San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Curantes, Rubín, Callobre, Cereixo,

Contacto: Santiago Cacheiro | santi.cacheiro@somoswecom.com | 698 19 63 10  

Vinseiro, Lamas, Pardemarín, A Somoza, Tabeirós, Montillón, Nigoi, Parada, Ribela, Codeseda, Sabucedo, Ouzande e Guimarei. 

A totalidade das compañías e artistas son galegos e, na súa maioría, estradenses. O apartado teatral contará coas representacións de Disfunción Continua, As Lerchas, Bandullo Azul, Grupo Chévere, Teatro da Zarabándula e da Escola Municipal de Artes Escénicas. O novo circo estará representado polo Mimo Nono e por Isabel Risco.

O ciclo tamén contará coas narracións orais de Quico Cadaval, Cándido Pazó, Celso Sanmartín e Lois Pérez. Completarán a oferta cultural os monólogos de Isi e do Padre Xiao; o espectáculo de maxia de Manolo do Atlético e o Mago Toño; a actuación musical de Pablo Chichas e Miguel Guido; e os roteiros literarios que se levarán a cabo no Pazo de Oca e no Areal de Berres.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies