займ срочно

A Estrada recuperará a sobreira de Balboa

0

A Estrada, 7 de febreiro do 2020 – O pleno da Estrada aprobou, por unanimidade, unha moción de urxencia do Bloque Nacionalista Galego para rescatar a sobreira de Balboa.

A concelleira do BNG, Susana Camba, recordou que “a sobreira de Balboa, de máis de 500 anos, foi derrubada hai máis dun mes polo temporal Fabien e a día de hoxe segue alí tirada, a pesar de ser un elemento patrimonial importante para o noso concello”.

O BNG instou ao concello a “implicarse no rescate desta sobreira dun extraordinario valor natural e cultural”. A concelleira nacionalista explicou que “o concello, de acordo co propietario desta árbore, ten que buscar unha saída para que a longa vida deste elemento non acabe nunha fogueira, senón que fique nun lugar destacado do noso concello”. “Para iso”, engade Susana Camba, “o goberno debería abrir un concurso de ideas entre os veciños e veciñas para ver entre todos e todas que mellor fin se lle pode dar á sobreira de Balboa”.

A Estrada recuperará a sobreira de BalboaSusana Camba explicou que “noutros sitios, en idéntica situación, souberon manter vivo o legado de árbores singulares, como en Alsasua, Guernika ou mesmo Tomiño, que souberon manter este patrimonio e hoxe son unha atracción turística máis destes concellos”.

Finalmente a moción do BNG acadou o apoio unánime de todos os grupos con representación no pleno do concello.

árbores senleiras de Galicia

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies