Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Axenda

As festas de San Paio volven á Estrada

A Estrada recupera a normalidade das Festas de san Paio des pois de dous anos nas que estiveron condicionada pola crise sanitaria.
a-estrada-festas-san-paio-slide-13-xunho-2022-(1)_r

A Estrada, 13 de xunho do 2022 – O concello da Estrada recupera a normalidade das Festas de san Paio des pois de dous anos nas que estiveron condicionada pola crise sanitaria.

O San Paio 2022 foi presentado polo concelleiro de eventos, Gonzalo Louzao, xunto co alcalde da Estrada, José López. Celebraranse do 23 ao 27 de este mes de xuño e contarán con catro grandes concertos, catro das mellores orquestras e actividades a pé de rúa durante o día “para que desfrute toda a veciñanza”.

Gonzalo Louzao, asegurou que o cartel desta edición, obra da ilustradora estradense Sara Valcárcel, recolle “á perfección” a idea do programa das festas, co que se busca “que xente de todas as xeracións volva gozar coma antes”.

Louzao engadiu que o obxectivo é que “o pobo sexa en sí unha auténtica festa”, empregando varios espazos públicos como a Praza do Concello que acollerá os concertos, a zona das atraccións estará na Praza da Feira, na Praza do Mercado terán lugar as actividades infantís e na Praza de Galicia estarán ubicadas as orquestras, salvo a Panorama que o fará na Praza do Concello.

Pregoeiro estradense

O pregoeiro desta edición será o actor e humorista David Amor, afincado na parroquia de Arca, continuando coa premisa do Concello de que sexa unha persoa que resida no municipio e realice o pregón “en ton humorístico”, apuntou Louzao.

Para finalizar, o edil destacou a “importante repercusión que terán os festexos na economía local” e engadiu que durante todos os días do San Paio as actividades rematarán antes das tres da madrugada e non haberá control de accesos nin limitacións de aforos.

Pola súa banda, o alcalde, José López, quixo agradecer na súa intervención a implicación de todas as persoas e institucións coma a Xunta de Galicia ou a Deputación de Pontevedra que participaron na organización das festas, algo que supuxo “un reto para o Concello” ao decidir non contar con aportacións económicas de veciños nin de establecementos “debido á situación complexa que estamos a vivir”.

López engadiu que estes festexos permitirán “poñer en valor a recuperación que se está a facer dos espazos urbanos” e animou a toda a veciñanza estradense a gozar do San Paio e apoiar a cultura “sen medo”.

Programación

O primeiro que se recuperará este ano será a tradicional sardiñada de San Xoán o 23 de xuño, que se celebrará no aparcadoiro do Teatro Principal e repartirá 500 quilos de sardiñas de balde doadas polas peixerías Chedas, Blanco, Pinche, Rafa Carbia e Fran. Tamén volverán a celebrarse eventos deportivos coma a carreira Nocturna Estradense, a Festa da Bicicleta e os torneos 3×3 de baloncesto e fútbol.

No eido musical, as festas estarán marcadas polos concertos de Baiuca, Treixadura -que presentarán na Estrada o seu novo disco “Camiño Longo”-, Xoel López e Henry Méndez.

Na parte das formacións locais estarán as bandas de música Cultural e Municipal da Estrada, a Banda de Gaitas de Barbude ou a agrupación Tequexetéldere.

Completarán o cartel as orquestras Panorama, El Combo Dominicano, Cinema e Galilea.

Programación por días

Tedes toda a programación por días na web do concello

Post navigation

Previous: Música e documentais no V Ames Jazz
Next: O Son do Camiño segue adiante

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.