займ срочно

A Deputación leva a pleno a ampliación da estrada de Galanas a Cacheiras, en Teo

0

Teo, 30 de xuño do 2021 –  O pleno da Deputación da Coruña debaterá hoxe o proxecto de terminación da ampliación da estrada DP-8202 que vai de Galanas a Cacheiras, no Concello de Teo.

Esta obra conta cun orzamento de 478.382,98 euros. As melloras consistirán na ampliación e mellora do trazado da citada vía co fin de conseguir unha nova plataforma de 9 metros de ancho, 7 metros de calzada e dúas beiravías de 1 metro, sobre os 5 metros cos que conta actualmente.

O presidente da Deputaci’on, Valent’in González, e o alcalde de Teo, Rafa Sixto revisando o proxecto.

Os traballos a levar a cabo inclúen tamén a instalación de drenaxe e recollida de pluviais con cunetas revestidas de formigón, a colocación de biondas de seguridade nas zonas de terraplén e o reforzo da sinalización horizontal e vertical.

Tamén se contempla a demolición dos muros necesarios así como a dun muro de mampostería, que será reconstruído manualmente, nunha parcela na que se atopa unha vivenda protexida. As superficies necesarias para a ampliación da estrada xa foron expropiadas no seu momento cun investimento de 238.544 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies